miércoles. 31.05.2023

O Bloque Nacionalista Galego pretende romper a maioría absoluta de Alfredo García

A forza nacionalista presenta candidatos tamén no Bolo, Vilamartín e A Rúa, onde aspira á alcaldía
somoscomarca_bng_presentacioncandidatura_2023396
O Bloque Nacionalista Galego pretende romper a maioría absoluta de Alfredo García

O Bloque Nacionalista Galego presentou na sede comarcal de Valdeorras ós cabeza de lista ás eleccións municipais do 28M. Os concellos do Barco de Valdeorras, A Rúa, Vilamartín e O Bolo terán candidaturas nacionalistas.

No acto estiveron presentes os cabezas de lista d e tres das candidaturas: José Jesús Vilasánchez Feijoo —O Barco—,  María González Álbert —A Rúa—e Ramón Porto Rodríguez —O Bolo—. Antón Rodríguez Prieto que encabezará a lista por Vilamartín e a deputada do BNG no Parlamento Noa Presas que anunciaran estar no acto non puideron asistir por razóns persoais.

A primeira en tomar a palabra foi a deputada no Parlamento de Galicia e cabeza de lista da Rúa, María González Albert quen asegurou que o facían con «moita ilusión» xa que levan unha nova candidatura, a do Bolo. «É a candidatura máis solvente e a que ten máis capacidade de mudar as dinámicas de máis de 30 anos de desgoberno», subliñou ao respecto do Bolo.

«Non nos poñemos ningún límite nestas eleccións, confiamos que vamos ser a forza política que máis suba en todos os concellos nos que nos presentamos», salientou Albert. Está convencida que tanto no Bolo coma en Vilamartín van acadar representación e no Barco e na Rúa, «vaise refrendar e afianzar o cambio político  que se ven producindo desde 2020».

3975e284-2f7b-4c5c-88d3-29ec20a4a512
Ramón Porto, Antón Rodríguez y María González

Pensa a deputada que os nacionalistas van ter uns resultados «históricos porque presentamos proxectos sólidos en cada un destes concellos». Tamén resaltou a ilusión nas candidaturas.

Jesús Vilasánchez explicou a estratexia que vai a cabo no Barco, a través dun exemplo no que os lobos, as ovellas e o mastín foron os protagonistas para chegar á conclusión que non vai poder gañar pero si gobernar. Trátase de que: «Alfredo García non teña maioría absoluta e para iso ten que perder dous concelleiros, vai ter que mirar aos lados e negociar. E, aí imos estar nos», determinou.

Por tanto desde a forza nacionalista agardan romper a maioría absoluta de Alfredo e desta maneira poder levar a cabo o programa que levan presentando hai anos. Nesta ocasión é máis doado se cabe xa que en principio, Félix García, de Riada non ten pensado presentar candidatura.

No seguinte vídeo poderás ver toda a rolda de prensa ofrecida polo BNG:

O Bloque Nacionalista Galego pretende romper a maioría absoluta de Alfredo García