domingo. 08.06.2025

Casaio, escenario para «restablecer os vínculos identitarios cos espazos comunais»

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, destacou o valor de abordar este tema por primeira vez e que debe ser tido en conta á hora de tratar a xestión do territorio
somoscomarca_240430_casaio_reunión_montescomunais
Casaio, escenario para «restablecer os vínculos identitarios cos espazos comunais»

O Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa Asociación Científica Sputnik Labrego e a Comunidade de Montes de Casaio e Lardeira, levaron a cabo unha nova xuntanza de In Situ dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultura. 

Os espazos de xestión comunal teñen unha longa historia en territorios como Galicia. A pesar da súa importancia, existe unha gran dificultade para encadralos dentro do modelo de explotación actual do territorio rural. Polo tanto, provoca que sexan tamén un foco de conflito. 

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, destacou o valor de abordar este tema por primeira vez e que debe ser tido en conta á hora de tratar a xestión do territorio. Canda ela, interviñeron as tres persoas coordinadoras da sesión, Lara Barros Alfaro, Rebeca Blanco-Rotea e Carlos Tejerizo, presidente da Asociación Científica Sputnik Labrego.

Tejerizo subliñou que os espazos de xestión comunal «se conservan mellor en Galicia que noutros sitios de Europa». A maiores asegurou que Casaio «é unha zona onde estes espazos foron e son moi importantes como exemplo de xestión comunitaria do territorio».

A conflitividade dos montes veciñais foi a temática principal do relatorio de Lara Barros Alfaro. Con base na súa experiencia como responsable do Proxecto Mulime, asegurou que «o carácter inmemorial da propiedade veciñal, fundamentada no uso e costume, fan da historia a súa fonte de dereito, por iso a investigación histórica resulta clave para abordar os conflitos e preitos que se dan no presente».

Ese diálogo entre o pasado e o presente resulta de grande utilidade para «extraer ideas e debates que poidan axudarnos a coñecer en maior medida a realidade dos montes veciñais», explicou Barros. 

«A idea é ver como esa parte teórica ten o ou non na xestión real do espazo comunal», aclara Rebeca Blanco-Rotea. Engadido a isto a esclareceu que a comunidade de Casaio «está colaborando fai sete anos coa investigación do espazo patrimonial deste territorio. A nivel metodolóxico, de investigación e comprensión do territorio é un dos poucos exemplos de Galicia que se está a facer isto». 

O futuro destas comunidades foi outro dos puntos a debater. «É certo cambiaron en modelos que antes estaban moi ben establecidos», asegura Blanco-Rotea. Ao que engade: «Estes espazos están afectados polo despoboamento. Sobre todo, hai un descoñecemento da importancia desta xestión. A comunidade solo ten sentido si se actúa como tal». 

A xente cada vez é máis maior, existe un «corte na transmisión xeracional. Por esta razón, é tan importante este tipo de reunións», fai fincapé Rebeca. Para isto, estase estudando unha nova lei e así liquidar esta problemática. Estase comprobando «si se pode flexibilizar, porque cada vez hai menos xente. Entón, intentar buscar un termino medio de si os comuneiros non deben vivir aí o 100%.Todo isto está en debate», aclara Lara Barros. 

Se desexa escoitar a entrevista completa pódeo facer aquí:

Casaio, escenario para «restablecer os vínculos identitarios cos espazos comunais»