lunes. 02.06.2025

Los trabajadores de Irosa-Samaca piden a Alfonso Rueda ayuda para evitar «una catástrofe social»

«Sr. Rueda, pregámoslle, que unha vez máis sexa a voz do pobo. Nos temos as mans e os corpos acostumados a enfrentarnos ca dura pedra que forma o noso fogar, e non nos cansaremos de loitar polo noso, por traballar
somoscomarca_230922_barco_sucesos_manifestacion_irosa_samaca_canteras 1
Los trabajadores de Irosa-Samaca piden a Alfonso Rueda ayuda para evitar «una catástrofe social»

Los trabajadores del grupo Irosa-Samaca aprovecharon este lunes, 30 de octubre, la visita del presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para entregarle una carta conjunta en la que piden ayuda al Gobierno Autonómica. Se acerca la fecha del desahucio, el 29 de noviembre, y la tensión crece entre los empleados que no ven soluciones al conflicto entre empresa y la Comunidad de Montes Portela-Trigal. Aquí dejamos la carta completa que recibió el presidente.

Non podo presentarme porque tería que escribir máis de douscentos  nomes, pero  diríxome a vostede como portavoz de toda esa xente dende o comité da empresa de  pizarra IROSA-SAMACA. Estas non son as verbasdunha soa voz. Cada letra que lea  aquí, ven escrita por moitas mans, por moitos ollos nubrados de bágoas e impotencia e  por moitos corazóns  cheos de rabia e incredulidade. 

Os traballadores de Irosa, Samaca, asistimos a un momento no que necesitamos e pregamos a súa axuda. O 19 de Septembro a Garda Civil tivo que presentarse no noso traballo para pechar as instalacións, executando unha resolución contraria a toda lóxica. 

Dun proceso xudicial de todo inxusto, deu lugar a unha sentencia que deixa a máis de douscentos traballadores e as súas familias na rúa, sen ter tidos en conta. 

Un conflicto absurdo e solucionable ameaza os nosos postos de traballo, as nosas vidas. Rogámoslle que nos axude  na resolución deste conflicto. 

Somos una fonte de emprego e economía para o noso país, pero sobretodo somos galegos, galegos que precisan dunha man amiga que non nos deixe a deriva. Só pedimos traballar, que nos deixen seguir co noso, co que sabemos facer, e tan ben se nos da.

Sr. Rueda, pregámoslle, que unha vez máis sexa a voz do pobo. Nos temos as mans e os corpos acostumados a enfrentarnos ca dura pedra que forma o noso fogar, e non nos cansaremos de loitar polo noso, por traballar. Empregaremos toda a nosa forza, en conseguir que ninguén nos arrebate as nosas vidas polo que asemella unha falta de entendemento pueril. 

Pero gustaríanos que a nosa forza, as nosas bágoas, o noso temor e a nosa ilusión por continuar, tivese en vostede o noso máis valioso portavoz. Rogámoslle, una vez máis, que, por favor, intentemos evitar esta catástrofe social, económica e humanitaria. 

Agradecéndolle a súa atención. Se despiden os traballadores, e as súas familias, de Irosa  Samaca.

Los trabajadores de Irosa-Samaca piden a Alfonso Rueda ayuda para evitar «una...