Sobradelo rodeada polo lume

Sobradelo rodeada polo lume (2)
Sobradelo rodeada polo lume (3)
Sobradelo rodeada polo lume (4)
Sobradelo rodeada polo lume (5)
Sobradelo rodeada polo lume (6)
Sobradelo rodeada polo lume (7)
Sobradelo rodeada polo lume (9)
Sobradelo rodeada polo lume (8)
Sobradelo rodeada polo lume (10)
Sobradelo rodeada polo lume (11)
Sobradelo rodeada polo lume (12)
Sobradelo rodeada polo lume (13)
Sobradelo rodeada polo lume (14)
Sobradelo rodeada polo lume (15)
Sobradelo rodeada polo lume (16)
Sobradelo rodeada polo lume (17)
Sobradelo rodeada polo lume (18)
Sobradelo rodeada polo lume (19)
Sobradelo rodeada polo lume (20)
Sobradelo rodeada polo lume (21)
Sobradelo rodeada polo lume (22)
Lume en Santurxo
Lume en Santurxo
Ademais arde en Carballeda, Bascois, Santa Cruz, Robledo de Domiz, A Medua, A Lagoa...

Vai caendo a tarde e con ela o cansancio aflora pero aínda quedan folgos para achegarse a Sobradelo din que están ardendo casas no Sobradelo Vello —era un bulo—. Enfilo a N-536 e nada máis chegar ao cruce de Millarouso , as brasas soben polos xardois e pintan luceciñas de nadal no tronco, se non fora polo dano que fai o lume hasta diría que teñen o seu aquel. Non o entendo ardía onde ardera onte.

 

A o longo de todo o camiño pequenos focos van acompañando o traxecto que separa O Barco de Sobradelo, parecen vagalumes. Ao enfilar a recta de Candís xa se empeza a bislumbrar o espectáculo dantesco que en breve descubriremos.

Vídeo do lume en Santurxo:

Norte, sur, este ou oeste, mire por onde se mire hay lume, No Camiño de Inverno, na estrada de Éntoma, indo cara Casaio ou cara a Medua, todo é lume. Disque non hai covertura de telefonía desde onte e que a luz marchou desde as 7 da tarde até as 10 da mañá de hoxe. Tamén comentaban uns rapaces que pasaban pola Ponte Nova que na pizarreira que traballan, mandarnos para a casa e non fixeron a quenda da noite.

Video do lume en Sobradelo:

Arderon casas en Robledo de Domiz, houbo un choque entre coches e un quedou calcinado, o lume está a chegar a igrexa de Carballeda... a estrada que leva a Casio parece estar plagad de vagalumes e a que conduce a Medua é imposible transitala o lume é terrorífico.

Imaxes dantescas que só desexamos que mañá non volvan.