6 de agosto de 2024, 11:57
O aparcamento do Centro Social Ponte Nova, en Sobradelo (Carballeda), acolleu na noite do sábado día 3 de agosto a cita musical con "Dj's no Camiño", unha proposta de Turismo de Galicia.

A música vibrou no municipio coas actuacións de Alvinn, Mateo Fajardo, David Expósito, Caba e Dance Academy. Mozos e maiores animáronse a bailar ao son destes cinco artistas nunha noite de verán animada e calorosa.