
Ámbolos dous fixeron balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando as achegas de 8.735 euros da Axencia Turismo de Galicia para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (Mellora do Contorno no Camiño de inverno na zona da Igrexa ao seu paso por Sobradelo)
O delegado territorial tamén lembrou o convenio asinado coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades de 316.000 euros para a conservación e recuperación da Ponte Nova de Sobradelo; o convenio coa Consellería do Medio Rural de 35.000. euros para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2022; ou o convenio coa Axencia Turismo de Galicia de máis de 188.000 euros para o proxecto de rehabilitación de edificación tradicional existente para albergue turístico en Sobradelo.