jueves. 28.03.2024

Esta actividade de natureza enmarcouse no programa Club de Letras impulsado dende a Consellería de Educación

O pasado xoves os alumnos de 2º de Bacharelato do IES Lauro Olmo do Barco, participaron nunha actividade de natureza chamada Coidados da Paisaxe, dentro do proxecto Club de Letras. Organizado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e no que participa este centro.

Neste caso analizaron as características da paisaxe natural, agraria e as transformacións humanas da paisaxe, centrándose especialmente no coidado da mesma e o aproveitamento sostible dos recursos naturais a través do Camiño de Inverno.

O tramo elexido foi o que descorre entre Pumares e O Barco. Traxecto no que se desfruta cómodamente do entorno e está perfectamente sinalizado. Así os alumnos poideron fotografíar diferentes especies arbóreas como aciñeiras, sobreiras ou oliveras, que están moi presentes na zona.

Tamén matogueira entre as que abundaba a lavanda que nesta época comenza a florecer e a deisar mantos espectaculares. Tamén prantas máis propias do clima mediterráneo que o oceánico que sería o correspondente a zona de Valdeorras.

Aproveitando o camiño tamén fixeron unha visita ao petroglifo de Éntoma, situado na zona de Os Forroxancos. Alí son visibles estas estructuras datadas polos investigadores na idade de Bronce e de gran valor arqueolóxico na zona de Valdeorras.

Alumnos do Lauro Olmo aprenderon sobre natureza a través do Camiño de Inverno