sábado. 07.06.2025

A VII Xuntanza de Fulións da Veiga pechou o Entroido da provincia, marcada pola chuvia

Estaba previsto que 17 agrupacións procedentes de diversos puntos da contorna desfilasen desde a rotonda da entra á vila ata a Casa do Concello pero  non todas puideron

Organizada pola Asociación Cultural O Son de Trevinca, e contando coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia e do Concello da Veiga, a VII Xuntanza de Fulións reuniu preto de 1.000 participantes que non puideron amosar os seus Entroidos e tradicións ao cen por cen.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions (34)
Os boteiros máis novos de Cabo da Vila, levan o Entroido no sangue. 

Estaba previsto que 17 agrupacións procedentes de diversos puntos da contorna e de toda a provincia puidesen desfilar pero no foi posible. Cabo da Vila, Piñeiro, Petín, Fradelo, Buxán, Vilariño de Conso, Mormentelos, As Maceiras, Bembibre, Carracedo da Serra, Tameirón, Penouta, Os Labregos, Chandrexa de Queixa, Petín Os Arrieiros, As Tablillas Valdín-Porto e o Fulion da Veiga, eran os que querían mostrar a súa tradición, pero o tempo non as deixou.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions (47)

 Xunto a eles, sumaríanse 10 grupos de máscaras tradicionais, entre as que cabe destacar os Danzantes e Vellos de Vilarmeao, os Follateiros de Lobios, os Cabreiros de Muíños, o Oso de Salcedo, os Vellarróns de Ríos, Os Peteiráns de Castrelo e os Chocalleiros de Vilardevós que cambiaron ás rúas da Veiga polo pavillón municipal.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions (52)
E, se chove que chova! esta rapaza do folión de Valdín desafía ao líquido elemento

Un evento multitudinario con momentos irregulares por mor do tempo

A Veiga puxo o peche ao Entroido da provincia o sábado, 8 de marzo, coa VII Xuntanza de Fulions, a máis multitudinaria dos últimos anos. Con todo, a chuvia tivo un papel determinante no desenvolvemento da xornada, provocando momentos de interrupción e obrigando a cambiar os plans previstos.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions (59)
Os Cabreiros de Muíños chegando a Terras da Veiga

Organizada pola Asociación Cultural O Son de Trevinca, coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia e do Concello da Veiga, a celebración reuniu preto de 1.000 participantes, que non puideron encher as rúas de cor, música e tradición porque o mal tempo obrigou a modificar o percorrido.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions (14)
Resistindo as treboadas

A chuvia interrompeu o desfile

Cando xa saíran tres dos fulións —o anfitrión, o Fulión da Veiga, As Tablillas co Touro de Porto e o Fulion de Valdín e o Fulión de Petín— unha forte treboada fixo acto de presenza, forzando a todos os participantes a buscar refuxio no pavillón municipal. O Fulión Os Labregos, que tiña previsto saír cara ao concello da Veiga, non chegou a desfilar debido ás inclemencias meteorolóxicas.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions  (3)
Os do Folión de Petín non lle ten medo a auga

Pasados uns momentos de incerteza, a forza da auga diminuíu e ata asomou o sol, permitindo que o Fulión de Penouta e Ramilo comezase a tocar preto do pavillón. Outros grupos, como os de Cabo da Vila de Viana, Fiadoiro de Trives, Tameirón e Buxán, intentaron retomar o percorrido ata a rotonda, pero tiveron que regresar ao pavillón pola nova intensificación da chuvia.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions (30)
Fulión O Fiadeiro de Trives

A pesar das dificultades meteorolóxicas, o espírito festivo non decaeu. Dentro do pavillón, varios grupos decidiron continuar coa festa. Os Cabreiros de Muíños e os Follateiros de Lobios fixeron soar os seus bombos, mentres que os Vellaróns de Castrelo de Cima (Ríos) non deixaron de actuar co son das gaitas e os seus boteiros. Tamén se fixeron notar personaxes emblemáticos como o Oso de Salceda e os Danzantes Vellos de Vilarmeá.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions (3)
O oso de Salceda non lle tiña medo a auga

Os Felos de Maceda, imparables malia a chuvia

Se houbo uns protagonistas indiscutibles da xornada, foron os Felos de Maceda. A pesar da chuvia, non deixaron de facer das súas, metendo en apuros a varias mozas e incluso a algún dos coches presentes.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions  (5)
Os Felos de Maceda «danlle» a todo o que se pon por diante

A gran ausente foi a Morte, que tiña previsto pechar a xuntanza facéndose ver entre fachóns. O mal tempo impediu a súa saída, unha magoa para os asistentes, que esperaban con ansia este momento simbólico do Entroido.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions (48)
O Touro de Porto

Milleiros de persoas a pesar das adversidades

A pesares da chuvia intermitente, preto de 1.000 persoas se achegaron á Veiga co desexo de gozar dunha xornada de tradición, música e festa. Moitos dos asistentes luciron con orgullo os seus traxes e percorreron as rúas con entusiasmo.

Xa pola noite, o pavillón municipal acolleu o fin de festa cunha gran celebración na que a charanga El Tattoo e o DJ Josete fixeron bailar a todos ata altas horas.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions  (8)
Os da charanga en plena actuación

A VII Xuntanza de Fulións da Veiga pasou á historia como unha das edicións máis desafiantes debido ao mal tempo, pero tamén como unha demostración de paixón pola cultura e a tradición do Entroido galego.

somoscomarca_aveiga_entroido_xuntanzafolions (23)

Sen dúbida, o máis destacado da Xuntanza de A Veiga foron os bombos ao carrelo dos integrantes do fulión, acompañados polos sorrisos e as ganas de desfrutar do Entroido, aínda que fose a intres.

No seguinte vídeo atoparás algún dos momentos máis interesantes da xornada:

 

A VII Xuntanza de Fulións da Veiga pechou o Entroido da provincia, marcada pola chuvia