jueves. 30.11.2023

Levan seis anos tecendo xuntas os «soños» que mostran no verán. Conversas e risas, ideas que brotan e se fan realidade para engalanar cada recanto e este anos tamén ás mozas que mostraron as creacións na Praza do Toural.

As Mulleres Rurais da Veiga amosaron as súas obras nun desfile no que participaron as aldeas de Seoane, Xares, Lamalonga, Prada, Ponte, Vilanova e Meixide. Os nenos do campamento tamén participaron abrindo o desfile cun baile da mítica Terra de Tanxugueiras no que o público asistente, e foi moito tararearon o «Ailaralalala Ailaralalaa Ailaralalaa Ailaralalaa Non hai fronteiras». si queres ver o vídeo do baile e do comezo do desfile fai clic aquí.

somoscomarca_aveiga_tecendosoños_202320232438 (35)
Os nenos do campamento abrindo o desfile co baile de Terra das Tanxugueiras

As escolas municipais a través do grupo de saxofóns, a Escola de Gaitas e a coral ofreceron o concerto «A luz da lúa» co que acompañaron as rapazas no seu paseo pola pasarela.

somoscomarca_aveiga_tecendosoños_202320232438 (42)
A Coral agardando o momento da actuación

Traxes marabillosos que engaiolaron ao público presente, que foi moito, tamén una vila engalanada para a ocasión e todo elo froito das mans das mulleres do concello.

somoscomarca_aveiga_tecendosoños_202320232438 (74)
As rapazas que axudaron co desfile tamén levaba roupa do Tecendo Soños

O ganchelo e as agullas empregando como materia prima o plástico reciclado  de bolsas, a lá ou o fío tomaron forma e adornaron, carretillas, neumáticos, bicicletas, paraugas...

Vídeo do desfile:

Os «Soños» da Veiga desfilaron pola Praza do Toural