martes. 24.06.2025

A mel, a Faba Loba e o queixo, protagonistas na Feira das Montañas de Trevinca

A Mel e a Faba Loba, xunto co queixo foron os protagonistas na Feira das Montañas de Trevinca. Nove postos no que mercar produtos con denominación de orixe.
Feira das Montañas de Trevinca na Veiga (14)
Feira das Montañas de Trevinca

A Mel e a Faba Loba, xunto co queixo foron os protagonistas na Feira das Montañas de Trevinca. Nove postos no que mercar produtos con denominación de orixe.

O acto comezou coa música da Banda de Gaitas Municipal do Concello da Veiga ao que seguiron as verbas de Ricardo Porto González, que representou os apicultores e produtores —de Faba Loba— , protagonistas a falta de autoridades que non foron convocadas por mor da pandemia. Porque, aínda que os casos de covid están a remitir, calquera precaución e pouca.

Porto agradeceu ao concello a formación dos apicultores e tamén a cesión de instalacións. «A Mel das Montañas de Trevinca é unha das mellores que se pode encontrar, polo tipo de botánica da zoa e polo que non leva, produtos químicos», subliñou.  Animou a mercar mel e fabas e significou que o mellor proxecto é o do Nadal Enxebre,

O alcalde, Juan Anta, logo de agradecer a presenza no acto sinalou: «Esta feira representa o que somos, a unión da  xente, a participación por igual, a ilusión, a defensa das nosas raíces, e representa o que queremos ser». Fixo fincapé na unión sen a cal o proxecto «máxico» da Veiga non sería posible.

Se queres ver o que foi esta feira  deixámolo no seguinte vídeo.

No seguinte vídeo algún dos apicultores e produtores contan como é o seu día a día e porque lles gusta o que fan:

A mel, a Faba Loba e o queixo, protagonistas na Feira das Montañas de Trevinca