jueves. 28.03.2024
Carreira de Carrilanas na Veiga (11)
Fran Campos: «É máis seguro do que parece»

Era a primeira vez que A Veiga acollía a Gran Carreira de Carrilanas e alí estaba Fran Campos o campión do mundo de bicis de descenso. 

A proba organizada por un grupo de rapaces e rapazas da Veiga, «Espazo Carrilano» trouxo a localidade do oriente ourensá a 30 pilotos chegados desde diferentes puntos de Galicia, e das veciñas comunidades de León e Asturias. Os participantes tiveron que percorrer case que un quilómetro e medio e como nos explicaba Campos: «Fanse tres baixadas de un en un. A primeira é para quentar e da segunda e a terceira collemos o mellor tempo».

Carreira de Carrilanas na Veiga (53)
Fran Campos ao remate da segunda proba

Fran Campos é de Celanova e leva competindo desde hai 10 anos. Comezou probando una bici e como lle gustou a experiencia decidiu facerse cunha. «Empecei a competir e sigo en activo desde o 2012» aclara.

Esta disciplina non da para vivir dela e como el mesmo di, «veño aquí a divertirme, por desgracia é un deporte do que non se pode vivir. Enterouse que na Veiga había unha carreira e subliña, «decidín vir xa que é unha das últimas do campeonato polo menos para ver unha pista nova e pasar un fin de semana diferente». 

somoscomarca_aveiga_carrilanas_francampos (3)

Corre, principalment,e nas probas galegas e no norte de Portugal e foi subcampión do mundo en Italia na modalidade gravity bike de descenso englobada na Federación de deportes de inercia. Conqueriu este título fai catro anos despois de estar outros tantos sen competir por mor dun accidente de traballo.

Carreira de Carrilanas na Veiga (59)
Cos organizadores da carreira

Pilotar bicis de descenso non é unha broma, chegan a alcanzar máis de cen quilómetros á hora, de feito na Veiga acadou os 90 qm/h. Non levan pedais, polo que o arranque é fundamental. Levan dous sistemas de freado independentes, por se falla un que entre en acción o outro. Estas bicis non se compran, fanse a man e Campos comoa bo mecánico que é fai as súas.. 

Fran Campos: «É máis seguro do que parece»