miércoles 22/9/21

Fernando Fernández, elexido candidato socialista á alcaldía da Veiga

Cuartos comicios consecutivos para o actual voceiro socialista «cuxa experiencia coma alcalde avala a súa decisión»

O PSdeG PSOE de Ourense confirmou a Fernando Fernández Yáñez como candidato de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. O actual voceiro socialista no Concello encabezará a lista por cuartos comicios consecutivos e aporta a experiencia de ter sido alcalde de A Veiga durante 2 anos entre 2007 e 2009.

Fernando Fernández explica que A Veiga ten importantes problemas «coma é o abandono do rural, da terra e as poucas posibilidades de emprego que hai no municipio, xa que a maior empresa é o concello a través das brigadas  contra os lumes ou ca axuda no fogar, algo que debemos cambiar para fixar novas empresas que aposten por dar traballo os poucos mozos e mozas que quedan no concello. Debemos apostar pola xeración de emprego de calidade que faga que a xente non emigre».

O actual voceiro socialista remarcou que «queixámonos reiteradamente do problema da sanidade. Tiñamos dous médicos, quedamos con un e temos un serio problema cas gardas médicas, xa que compartimos médico con O Bolo, así que moitas veces a nosa xente ten que desprazarse máis de 40 km para poder ser atendido. Nós pedimos que haxa un médico permanentemente na Veiga e non compartido, xa que moita xente escapa da montaña para Valdeorras porque pensa que está máis preto en caso de urxencia».

O candidato socialista apunta que «non todo é gastar cartos en obras e reformas, hai que apostar por inversións que repercutan directamente na vila e na veciñanza e non en proxectos que non van a ter futuro. Os exemplos do campo de fútbol praia ou do observatorio son realidades de malgasto de fondos públicos, que ven se podían destinar a outros menestreis, coma a construción dun centro de día con máis capacidade, xa que o que levaron a cabo na actualidade, non vai dar servizo a máis dunha dez persoas, cando somos un pobo moi envellecido e cunha media de idade que roza os 70 anos. Hai que apostar tamén polo turismo para atraer xente e xerar riqueza, xa que temos o territorio máis bonito e extenso de Ourense, pero non acadamos de conseguir recursos con elo».

O candidato socialista reivindica tamén a importancia da axuda no fogar «a axuda no fogar puxémola nós en marcha grazas a Lei da Dependencia en 2007, cando por primeira vez se empezou a traballar esta iniciativa en Veiga e hoxe está funcionando con máis de dez traballadoras»

Fernández Yáñez finaliza facendo un análise económico do futuro «Gastáronse moitos cartos neste últimos 4 anos e a herdanza que queda vai ser complicada de xestionar, porque o proxecto do observatorio de estrelas vai ser un problema económico para A Veiga. Necesítase xente preparada e logo a xestión municipal, que non temos recursos para manter, polo que pensamos que acabará pasando a mans privadas, có que elo conleva tras o elevado custo de fondos públicos».

Fernando Fernández, elexido candidato socialista á alcaldía da Veiga