viernes. 19.04.2024
somoscomarca_aveiga_Vilaboa_accidente_salidadevia_2021 (1)
Dous feridos nunha saída de vía na Veiga

A saída de vía dun coche que non precisa permiso de condución, no cruce da estrada de Vilaboa  ca que une o Alto do Covelo coa Veiga, OU-0804, fai que dúas persoas ocupante e condutor  resultasen feridos.

Trátase dun veciño de Viana e a súa dona. Segundo narra unha testemuña, «o matrimonio que viña da misa de Vilaboa colleu o cruce para tirar para Viana, pero se vei que lle deu un mareo e cruzou as dúas carreteras e volveu a caer na de Vilaboa». Sinalar que o cruce onde se produciu o accidente está en obras.

somoscomarca_aveiga_Vilaboa_accidente_salidadevia_2021 (6)Lugar por onde se precipitou o vehículo

Os feridos foron atendidos polos técnicos do  061 e polo médico e enfermeira do Bolo que estaba de garda. O condutor levou un golpe na cabeza e foi trasladado nunha ambulancia, o igual que o outro ocupante do vehículo, ao Hospital Público de Valdeorras. Nun principio as lesións non revestían gravidade.

somoscomarca_aveiga_Vilaboa_accidente_salidadevia_2021 (2)

O suceso produciuse as 13:15 horas, do sábado 30 de outubro. Unha chamada ao 112 dun veciño alertou do accidente. De inmediato, desde o CIAE 112 Galicia avisouse aos Bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense do parque da Rúa, tamén á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos do GES da Veiga.

somoscomarca_aveiga_Vilaboa_accidente_salidadevia_2021 (4)

Dous feridos nunha saída de vía na Veiga