O tempo respectou a ratos e na xornada inaugural a chuvia non se deixou caer polo lugar aínda que ameazar ameazou. Sen demasiado frío o sol amosou algunha raiola e, polo menos os visitantes puideron desfrutar de todo o que se ofrece que é moito.

E o cuarto ano que se celebra esta exposición onde o campo e a gandaría teñen un valor principal. Máis de catro mil visitantes levan pasado pola zoa do Coiñedo durante este tempo e de seguro que esa cifra medrará noutros mil despois desta edición.

Cata de produtos da Veiga como as fabas lobas, o mel, a food truck de «Galicia sabe a mar», viños da Denominación de Orixe Valdeorras, queixos «Cumbres de Trevinca», esto en canto a gastronomía.

As exhibicións son outra parte importante desta feira do rural así a de Cans de pastoreo é unha das máis salientables ou a de arar co boi. Tamén está o espectáculo ecuestre ou a feitura de esculturas con motoserra, a artesanía de Luís del Río ou a de obxetos de Coiro de Marifé.

En canto aos concursos o de acarabuñando a gadaña é dos máis esperados e tamén o de xunguindo os bois. Os xogos de bolos e a recuperación do oficio da malla ou a feitura do augardente son outros indispensables.

Xogos para nenos, lugar onde fotografarse, exposicións de maquinaria, de artesanía, de produtos locais —mel, marmalada, queixos, castañas, embutidos, faba da loba...—
Xornada Inaugural
Pasadas as once da mañá comezaba a cuarta edición de Crianza Trevinca co son da Banda de Gaitas e Cantareiras da Veiga e o paseo dos bois de Mario Nogueira, polos arredores da Praia do Coiñedo.
O alcalde da Veiga, Juan Anta, estivo acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o director de la Axencia Galega da Calidade Alimentaria Martín Alemparte, e numerosos alcaldes da comarca como o do Bolo, Alberte Vázquez, Vilamartín, Enrique Álvarez; Larouco, Patricia Lamela, así como representantes dos concellos do Barco, Rubiá ou Petín.
Un día de lecer onde se puxo en valor a importancia que ten o gando nesta zona así Rosendo Férnandez, primeiro en tomar a palabra subliñou que: «Gandería e montaña é un binomio indisoluble. É Juan propúxose aproveitar os recurso é esta é unha mostra do seu bo facer». A identidade hai que conservala que a singularidade de un territorio tamén hai que conservala e ponteciala e como non o tradicional», engadiu. E, é que como enfatizou a mellor maneira de facer isto é expoñelo porque o que «non se vei non existe»
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, agradeceu a invitación a feira agrogandeira e disculpou a ausencia da conselleira, María José Gómez, por problema de axenda. Agradeceu desde a consellería de Medio Rural «un evento destas características porque permite visivilizar importancia do sector agrogandeiro tanto na economía coma nas nosas vidas». Loubou o esforzo que se está a facer desde o concello da Veiga para traballar a estratexia do desenvolvemento do territorio, valorando os propios recursos que ten o concello.
Pola súa banda o alcalde da Veiga, Juan Anta agradeceu a presenza dos «valentes» gandeiros, á xunta e ao Inorde pola «financiación», ás autoridades e veciños presentes, pero sobre todo aos traballadores do concello xa que sen «eles e sen a súa ilusión, e o seu traballo e esforzo «isto non sería posible». Salientou que Crianza Trevinca «é a feira do rural, a feira dos gandeiros porque eles son a alma do territorio a xente que lle temos que dar as grazas cada día».
Valoración de esta edición
O alcalde da Veiga valorou este luns no programa Mais dun de Onda Cero Valdeorras esta cuarta edición da Feira. O mal tempo e a enfermidade das vacas restaron afluencia de público e expositores, pero o balance é positivo. Algunhas das actividades expostas como os talleres de madeira e os cans guía foron todo un éxito. Outras, segundo o edil, non tiveron tanta acollida e desde o concello xa traballan en melloralas para próximas edicións.
Juan Anta aproveito tamén a ocasión para reivindicar o obxectivo desta feira, conseguir un rural vivo, nunha fin de semana familiar para que a xente maior emociónese e a xente máis nova aprenda. Fixo tamén un chamamento aos gandeiros para conseguir unha feira aínda máis ambiciosa e familiar os próximos anos.