viernes. 02.12.2022

"Crianza Trevinca" aspira a converterse na cita galega de referencia para o sector gandeiro

A 2ª edición da "Exposición Gandeira e Agrícola de Trevinca" volve os días 15 e 16 de outubro. A inauguración da Exposición será o sábado, 15 de outubro, ás 12.00 horas, no Coiñedo
 
-11.30: Presentación da II Exposición Agrícola e Gandeira de Trevinca.- A xerente do Inorde, Emma González; e o alcalde da Veiga, Juan Anta, presentarán a II Exposición Agrícola e Gandeira de Trevinca "Crianza Trevinca", que se celebrará os días 15 e 16 de outubro. Lugar: Sala de prensa do Pazo Provincial.
"Crianza Trevinca" aspira a converterse na cita galega de referencia para o sector gandeiro

“Crianza Trevinca” aspira a converterse na cita galega de referencia para o sector gandeiro. A 2ª edición da “Exposición Gandeira e Agrícola de Trevinca” que organiza o Concello da Veiga co apoio do Inorde, foi presentada hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial pola xerente do Inorde, Emma González, e o alcalde da Veiga, Juan Anta.

Este evento volve os días 15 e 16 de outubro ao municipio da Veiga para render homenaxe a esencia "dun territorio, como o ourensá, eminentemente rural", tratos éxitos colleitados na primeira edición que deu "boa conta do potencial que ten esta cita co sector primario", dixo a xerente do Inorde.

O Inorde apoia este evento porque “se elixiron proxectos que entroncan cos nosos criterios estratéxicos: impulsar o rural a través do turismo e do sector primario”, explicou Emma González. Ademais, este organismo provincial tamén participará no evento co seu programa de razas autóctonas e cun stand que amosará “o traballo que vimos realizando neste sector a través do Centro Agrogandeiro, apoio clave para os agricultores da provincia”, engadiu Emma González

somoscomarca_aveiga_feriaganadera_juananta_inorde_emmagonzalez_bandadegaitas (13)

Neste caso, esta exposición trata de “poñer en valor o modelo de vida asociado a gandaría dun xeito particular, e ao rural en xeral. De feito, nos últimos anos coa pandemia, demostrouse o papel fundamental que cumpre o produtor agrícola na cadea alimentaria, un rol que moitas veces non está o suficientemente valorado no mercado e na sociedade”, sinalou Emma González.

Por elo, con este tipo de eventos tamén “somos capaces de reivindicar ese novo acordo que ten que existir entre os produtores do rural e o conxunto da sociedade, por un lado porque para eles debe ser un traballo rendible e profesionalizado e, por outro lado, para garantir que as familias poidan comprar produtos de calidade que redunden nun estilo de vida máis saudable”, salientou a xerente do Inorde.

Pola súa parte, o alcalde da Veiga, quen agradeceu o apoio permanente do goberno provincial que permite aos pequenos municipios desenvolver proxectos tan ambiciosos como este, dixo que o obxectivo é converter a “Crianza Trevinca” na “festa reivindicativa do rural de Galicia, así como unha homenaxe a todos aqueles agricultores e gandeiros que fixeron que os nosos territorios teñan vida”. Neste sentido, Juan Anta explicou que na Veiga “cremos nun rural no que os gandeiros e agricultores sexan a alma do territorio, no que reivindicar as raíces signifique ser e estar orgullosos de onde vimos”.

Programación

O alcalde da Veiga explicou que o programa de actividades para esas dúas xornadas está deseñando pensando en todos os públicos e desenvolverase en distintas zonas do municipio. Por elo, a programación recolle un amplo abano de posibilidades para gozar desta celebración, que van desde a saída de bois xunguidos, catas de viños, elaboración de augardente tradicional, concursos, espectáculo ecuestre, taller de cata de queixos, música, showcooking con produtos locais, paseos a cabalo, tallado de madeira, exhibición de oficios tradicionais, cata de harmonía de alimentos da Veiga de queixo e meles, ata un campionato de bolos, entre outras. A inauguración da Exposición será o sábado, 15 de outubro, ás 12.00 horas, no Coiñedo.

"Crianza Trevinca" aspira a converterse na cita galega de referencia para o sector...