jueves. 10.07.2025

A conselleira de Economía e Industria aborda co alcalde da Veiga as necesidades de solo empresarial

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández entrega os traxes do Entroido da Veiga
somoscomarca_juananta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta semana un encontro de traballo co alcalde da Veiga, Juan Anta, no que abordaron as necesidades de solo empresarial do municipio co obxectivo de reforzar o seu desenvolvemento industrial. Esta reunión enmárcase dentro da rolda de encontros que a titular de Economía e Industria está a manter cos alcaldes e alcaldesas da Comunidade galega para analizar as oportunidades de crecemento económico nos distintos territorios.

Durante a xuntanza, Lorenzana e Anta analizaron a dispoñibilidade e as necesidades de solo industrial da Veiga, así como o papel estratéxico da madeira no desenvolvemento dos espazos rurais e urbanos. O concello ourensán conta cunha destacada masa forestal de piñeiro e carballo, o que ofrece oportunidades para potenciar o sector madeireiro-forestal como motor de crecemento.

A conselleira destacou o compromiso da Xunta de Galicia con este sector estratéxico a través de axudas para impulsar o uso da madeira na construción, que no 2024 alcanzaron os tres millóns de euros. Ademais, lembrou que o obxectivo do Goberno galego é que progresivamente o 20 % das edificacións da Administración pública empreguen madeira nas súa estruturas.

Finalmente, Lorenzana subliñou que estas actuacións forman parte dunha política industrial máis ampla, orientada a impulsar sectores estratéxicos, integrar novas cadeas de valor, fomentar a formación e a atracción de talento, así como mellorar a competitividade da industria galega.

somoscomarca_juananta
Foto de familia realizada por Maria Jesús Rodríguez Otero Chuscarmen

Entrega da Deputación dos traxes das figuras de Entroido da Veiga

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu á entrega dos traxes do Entroido da Veiga —O Cacharrelo e O Boi—, no Museo Galego do Entroido (Xinzo de Limia).

Ao acto, ademais do alcalde da Veiga, Juan Anta, asistiron unha nutrida representación do folión da Veiga así como veciños.

A conselleira de Economía e Industria aborda co alcalde da Veiga as necesidades de solo...