
Xa está aberto o prazo para solicitar as subvencións de rehabilitación de vivendas na Veiga que poden chegar aos 21.400 euros. Dende que se abriron as solicitudes, presentouse un total de nove, cuxa execución ascende a case 300.000 euros. Todo posible ao programa Nivel Barrio, que ten como obxectivo financiar obras ou actuacións «nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética en vivendas unifamiliares, con carácter plurianual durante os anos 2024 e 2025».
A actuación de rehabilitación debe acadar unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable como mínimo do 45% para poder optar ás subvencións reguladas nesta convocatoria. Este programa permitirá articular unha colaboración cos propietarios para desenvolver actuacións tendentes a mellorar o entorno paisaxístico en todos os núcleos de poboación, loita contra o feísmo, creación de emprego no sector da construción e sobre todo, promover actuacións de mellora da eficiencia enerxética.
O prazo estará aberto durante seis meses para que os particulares presenten os seus proxectos na Oficina Municipal de Rehabiltación do Concello da Veiga. Para máis información sobre a convocatoria na sede electrónica do Concello da Veiga https://aveiga.sedelectronica.gal/info e na oficina de rehabilitación rehabilitacion@aveiga.gal.
O programa de axudas ás actuacións a nivel barrio ten como obxectivo a financiación de obras de rehabilitación de vivendas unifamiliares e de urbanización de espazos públicos dentro dos ámbitos de actuación ERRP (Entornos Residenciais de Rehabilitación Programada). O Concello da Veiga está delimitado en tres ERRP (Entornos Residenciais de Rehabilitación Programada) os cales engloban todos os núcleos do municipio, os seguintes: ERRP ALDEAS DE MONTAÑA, ERRP ALDEAS RIBEIREÑAS DO RÍO XARES, ERRP ALDEAS REDE NATURA 2000.
As subvencións reguladas polas bases incluídas na convocatoria financiaranse, de conformidade co acordo da comisión bilateral relativo á Contorna Residencial de Rehabilitación Programada ALDEAS DE MONTAÑA, ALDEAS RIBEIREÑAS DO RÍO XARES E ALDEAS REDE NATURA 2000 do Concello da Veiga con cargo ás asignacións orzamentarias da anualidade 2022 procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, asinados entre o Ministerio de Transportes, Movilidad e Agenda Urbana, a Xunta de Galicia e o Concello da Veiga.