martes. 24.06.2025

O alumnado do «cole» da Veiga viviu o Entroido durante toda a semana

Comezou a semana no cole da Veiga coas ordes do meco ao que lle seguiu a visita das «Fraleiras» de Ponte (A Veiga) e a visita da pantalla de Xinzo

Semana intensa para os rapaces e rapazas do Ceip Eduardo Ávila Bustillo  da Veiga. Comezaban o luns con disfraces por mor das ordes do meco que continuaron ate o venres. Un día antes a colga da lardeira, o Xoves de Lardeira e o último día da semana remataban cun desfile ate o concello, ao que tamén foron pais e familiares.

somoscomarca_240209_entroido_coleaveiga_ (17)
Os rapaces e rapaces xunto a lardeira logo da súa colga

Unha camiñada moi especial xa que os pequenos emularon aos mozos e mozas do Fulión da Veiga, tocando os tamboriles e bombos. Iso sí, de tamaño un pouco máis pequeno pero coas mesmas gañas, incluso fixeron sangue nas mans por mor do choque dos cotobelos co bombo.

somoscomarca_240209_entroido_coleaveiga_ (9)

Fixeron caretas de cartolina, disfrazáronse de cociñeiros, de bruxas e fadas,  de Minies, bracaneves,  princeas, sereas, dragóns, Batman e outras persoaxes de debuxos. Pero sebn dúbida un dos disfraces máis vistoso foi o de cintas de casete que incluso levaba un reprodutor xigante.

somoscomarca_240209_entroido_coleaveiga_ (27)
Radio casete xigante

As Faraleiras de Ponte, con seus engalanados sombreiros, fixéronlle tamén unha visita e explicáronlles como facían as vestimentas. Tamén pasou polo centro de ensino unha pantalla de Xinzo que deixou abraiados aos pequechos.

somoscomarca_240209_entroido_coleaveiga_ (4)
Fareleiras de Ponte falándolle aos rapaces

Unha semana de lecer falando e desfrutando dunha tradición moi das Terras de Trevinca.

O alumnado do «cole» da Veiga viviu o Entroido durante toda a semana