O alumnado do «cole» da Veiga viviu o Entroido durante toda a semana
Semana intensa para os rapaces e rapazas do Ceip Eduardo Ávila Bustillo da Veiga. Comezaban o luns con disfraces por mor das ordes do meco que continuaron ate o venres. Un día antes a colga da lardeira, o Xoves de Lardeira e o último día da semana remataban cun desfile ate o concello, ao que tamén foron pais e familiares.
Unha camiñada moi especial xa que os pequenos emularon aos mozos e mozas do Fulión da Veiga, tocando os tamboriles e bombos. Iso sí, de tamaño un pouco máis pequeno pero coas mesmas gañas, incluso fixeron sangue nas mans por mor do choque dos cotobelos co bombo.
Fixeron caretas de cartolina, disfrazáronse de cociñeiros, de bruxas e fadas, de Minies, bracaneves, princeas, sereas, dragóns, Batman e outras persoaxes de debuxos. Pero sebn dúbida un dos disfraces máis vistoso foi o de cintas de casete que incluso levaba un reprodutor xigante.
As Faraleiras de Ponte, con seus engalanados sombreiros, fixéronlle tamén unha visita e explicáronlles como facían as vestimentas. Tamén pasou polo centro de ensino unha pantalla de Xinzo que deixou abraiados aos pequechos.
Unha semana de lecer falando e desfrutando dunha tradición moi das Terras de Trevinca.