martes. 17.06.2025

El ADAS organiza el I Control de Marcas en Calabagueiros

portada

O Estadio Municipal de Calabagueiros, en O Barco, será o escenario principal elixido para albergar o primeiro Control de Marcas en pista, organizado polo club barquense ADAS-PROINOR e que terá lugar o vindeiro 10 de marzo.

Dará comezo ás 17:00 horas coa proba de lanzamento de martelo para todas as categorías: infantil, cadete, xuvenil, junior, sénior, promesa e veteranos masculino e feminino.

A continuación disputaranse as probas de salto de lonxitude e lanzamento de peso, seguidas das probas de 60 metros lisos, 50 ml, 500 ml, 1.000 ml e 60 m valados, para rematar arredor das oito da tarde coa categoría absoluta.

Será necesaria a confirmación de participación na Secretaría de Competición, ata 40 minutos antes do inicio da proba. Os atletas deberán aportar na inscricións a súa mellor marca na proba na que participen para facilitar a confección das series e deberán cumprir co requisito da mínima de participación si a proba o require.

O prazo para inscribirse remata ás 23.59 horas do mércores 8 de marzo e poderán facerse a través de esta web.

O pasado sábado as rapazas do ADAS participaban, con resultados moi positivos, no control de pista cuberta de Oviedo, celebrado no Palacio de Deportes da cidade asturiana.

Marta Ballesteros debutou en 1500 cun tempo de 5'18" que lle outorgou a quinta praza na carreira, augurando mellores marcas ao aire libre.

No 1000 cadete , Inés Docampo rexistrou unha marca de 3'18" nunha sensacional carreira na que tamén quedou quinta. Non lle foi tan ben ao día seguinte no 600, onde se quedou no 1'51" nunha carreira moi accidentada.

Belén García conseguía unha marca persoal de 9"55 no 60 metros valla, que le valía para gañar a proba e levarse o primeiro posto.

Pola súa banda, a atleta xuvenil Natalia Mondelo, gañaba tamén a proba de 60 metros valla na súa categoría, realizando unha mellor marca persoal con 9"49, quedándose a 19 centésimas da mínima nacional xuvenil.

El ADAS organiza el I Control de Marcas en Calabagueiros