domingo. 07.08.2022

A Xunta lanza un novo coworking na Rúa destinado a emprendedores

Trátase de lugares de traballo, destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, estando deseñados para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores
A Xunta lanza un novo coworking na Rúa destinado a emprendedores

A Xunta de Galicia activará neste primeiro trimestre do ano 11 novos espazos coworkings nas catro provincias. Trátase de lugares de traballo, destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, estando deseñados para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, o que ten permitido ata o de agora impulsar máis de 700 proxectos emprendedores no rural galego.

Para o seu desenvolvemento, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación renova, a través do Igape, o convenio coa Escola de Organización Industrial (EOI), impulsando así estes novos talleres que facilitarán, ata finais de 2022, a participación de 220 iniciativas empresarias nestes espazos coworkings, grazas a un investimento conxunto que supera o millón de euros.

Estes 11 lugares de traballo, entre os que se atopa o da Rúa, destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, están deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento.

Así, e máis alá do propio espazo, os coworkings ofrecen aos participantes un mentor individual para o seu proxecto, que os acompañará no deseño de modelo de negocio; formación específica, mediante talleres prácticos centrados en temas de interese; e distintos eventos, como xornadas de networking ou encontros con actores sociais e económicos relevantes.

Os novos espazos configuran, así, un lugar de traballo colaborativo posto a disposición dos concellos, e favorecen o impulso de zonas rurais ao achegarse un programa de alto valor engadido a estas contornas.

A Xunta lanza un novo coworking na Rúa destinado a emprendedores