viernes. 13.06.2025

As Xornadas de Folclore empatan a BacoFesta coas Festas de San Roque

Serán sete días de programación polas festas da Rúa Vella. A maiores, o 16 de agosto únense as xornadas folclóricas cos grupos de Panamá, Senegal e México

p_somoscomarca_arua_xornadasdefolclore_tahiti_ucrania_bolivia_2023 (5)
Xornadas de Folclore na Rúa no ano 2023

O Concello da Rúa segue coa súa programación de verán. Dende o inicio de agosto o municipio non parou de acoller actividades musicais. O primeiro fin de semana desde oitavo mes do ano comezaba cas Festas de Verán. 

Dende este pistoletazo de saída acolléronse distintos concertos e a BacoFesta. Agora, é a quenda das Xornadas de Folclore e as Festas de San Roque. 

Este xoves, 15 de agosto, o cine ao aire libre será o protagonista dende as 22:30 na Praza César Conti. O venres 16 de agosto, A Rúa acollerá a trixésima edición das Xornadas de Folclore organizadas pola Deputación de Ourense. Os grupos que visitarán o municipio serán os de Panamá, Senegal e México a partir das 22:30. Ese mesmo día, ás 11:00 ofrecerase unha misa en honor ao santo na capela de San Roque e ás 20:45 farase o traslado da imaxe. Un ano máis, e xa van tres, o campo de San Roque acollerá Got Talent dende as 22:30.

Na data do 17 de agosto dende as 16:30 disputarase o Campionato de Tute. Apenas dúas horas despois celebrarase a cuadraxésima segunda edición da Volta Ecolóxica. A música estará garantida ás 21:00 con Danzalia e pasada a media noite con Grupo Mazu & The Rockkens.

O penúltimo día de festas Abertal abrirá a xornada cun pasarrúas dende as 10:00. Despois deste encontro musical, ás 12:30, ofrecerase unha misa e traslado do santo a Capela de San Roque. De novo, ás 21:30 abrirase de novo a oferta musical co grupo Alcázar quen tamén amenizará a verbena. 

Para rematar esta programación, o luns, ás 11:30 terá lugar unha misa campestre. Na xornada de tarde, ás 17:00, poderase desfrutar da Festa da Auga. Encarando a noite, ás 20:00, disputarase un partido de solteiras-casadas. 

As Xornadas de Folclore empatan a BacoFesta coas Festas de San Roque