
Cento oitenta
persoas asisten en Vilela (A Rúa) ao xantar na véspera da onomástica do santo.
A oitava edición
da callada —festa gastronómica onde os callos son os protagonistas— festexouse
o 2 de febreiro coincidindo ca data de celebración da festa do San Brais, patrón
de Vilela e avogado das enfermidades da gorxa.
Pasadas as 14:00
horas, os comensais deron conta dos 85 quilos de callos, 14 empanadas de carne,
12 tortas de roxois, entremeses a base de chourizo, xamón, queixo e salchichón.
Non faltou o viño, 200 litros, «tocan a litro por persoa», dicíanos un dos
membros da Asociación de Veciños de Vilela, encargados de organizar, cociñar e
servir o convite. Na sobremesa non faltou o licor café e de herbas.
Ao remate festa
rachada ca disco móbil Gramola. Y é
que para baixar toda a comida que se serviu na festa fai falla darlle ritmo ó
corpo.
Este festexo serve
para recadar fondos para adquirir o necesario para a asociación. Segundo esta
filosofía, mercaron a carpa onde se celebra esta e outras festas, un quentador
para non pasar frío, as cuncas de barro onde se serven os callos e outras
cousas.
Maná día de San
Brais, pasarrúas coa charanga Ribeiras do
Sil que tamén será a encargada de tocar na procesión do santo. O Comezo dos
actos relixiosos é as 12:00 horas.