jueves. 28.03.2024
Ovellas de San Xulián otivo da desputa que manteñen dous veciños
Ovellas de San Xulián motivo da desputa que manteñen os veciños

Unha das veciñas mencionadas na conversa mantida con Manuel García, o pasado domingo, nun escrito envíado a Somos Comarca contesta algunha das acusacións vertidas con outras razóns e argumentos. Aquí podes ler a argumentación completa que realiza a implicada: 

"Escribo polo artículo que publicaron acerca do problema de veciñanza en San Xulián.

Manolo di que nos molesta o ganado:

Non nos molestan os animais, todo o contrario, que nos gusta ver animais no pueblo para que siga limpo de maleza porque sen eles non sería posible.

Manolo di que creamos tensión no pueblo:

Non temos problemas con naide do pueblo, excepto con el e iso dende que lle quitamos o curral onde tiña metidas as vacas.

Antes levabámonos moi ben, ata intercambiabamos comida, nos traíamos lle laranxas de Valencia, tanto a el como o resto dos veciños, pero tivemos un problema co noso curral onde el tiña as súas vacas, porque tiraban a parede onde estaban atadas. Díxenlle que tiña que poñer solución para evitar que o curral caese, cosa que non fixo caso e miña nai obrigoume a sacar o ganado e prohibirlle a entrada o noso curral. Nese momento el enfadou se moitísimo e dixo "vou vos encher de merda e vouvos botar do pueblo".

Non fará un ano, recolleu firmas entre a veciñanza para non permitirnos entrar no noso pueblo, onde nacemos.

Manolo di que non queremos excrementos na calle:

Non temos ningunha clase de problema cos animais nin cas súas necesidades, só pedimos que manteña a corte onde viven as ovellas cerca da nosa casa "limpa e sen abono" para evitar que teñamos mal olor dentro da casa, porque no vrao, dentro das habitacións non se aguanta co olor.

Antigamente Toña era a propietaria desas ovellas que actualmente ten Manolo, e nunca tivemos problemas con ela, porque tiña as súas ovellas e a corte limpa, sen abono

Manolo di que cada vez que  vimos chamamos a Seprona, Garda Civil, Policía Local...:

Isto non é certo, é a primeira vez que chamamos a Seprona, onde eles nos comunicaron que xa non somos os primeiros que nos queixamos da situación dos animais. Pero nos en verdade, si vemos que os animais non están ben coidados, pero non é cousa que nos incumba. Só queremos que manteña limpa a corte ou busque solución para evitar olores.

Manolo di que é inimigo de enfrontamentos:

Desde o meu punto de vista e sendo de San Xulian, el foi o primeiro que provocou problemas no pobo, recolleu firmas para botar os animais doutro veciño, cousa que tales veciños tiveron que construír unhas naves fora do pobo, e agora el non entende o que nos lle pedimos.

Podería seguir explicando e desmentindo todo o que di, pero non queremos problemas e parecernos moi triste que se nos estea criticando desta maneira. Podería contar mais en detalle, pero no queremos estes problemas y menos involucrando ao pobo.

Houbésenos gustado chegar a un entendemento entre nos e Manolo. Só lle pedimos que faga algo para evitar ese olor dentro da casa, se non que se poña no noso lugar e cando vaia a durmir poña na mesilla de noite un prato con excrementos dos animais, a ver que opina". 

«Só lle pedimos que faga algo para evitar ese olor dentro da casa»