jueves. 18.04.2024

A orientación estase a converter nun referente na comarca de Valdeorras. Recordar que hai dúas semanas, concretamente o fin de semana do 24 de febreiro, O Bolo acollía as probas da Liga Galega de Orietación a pe e en Bicileta de Monataña, e hoxe, mércores 6 de marzo, a orientación voltou á comarca dentro do programa Xogade.

somoscomarca_arua_oaguillon_campeonatoprovincial_orientacion_infantil_cadete_2024 (14)
)

Na mañá deste mércores 6 celebrábase o Campionato Escolar Provincial de Orientación na área recreativa do Aguillón, no que participaban 270 rapaces chegados de 10 centros da provincia de Ourense. De Valdeorras estaban o IES Lauro OLmo e Divina do Barco; e IES Cosme López e Pablo VI da Rúa.

somoscomarca_arua_oaguillon_campeonatoprovincial_orientacion_infantil_cadete_2024 (8)

As probas comenzaban ás 11:00 da mañá, con saídas a intervalos dun minuto. No control se lles facía entrega a cada un dos participantes, segundo foran infantís ou cadetes, dun mapa co percorrido entre as piscinas, o paseo e o pavillón municipal. Un total de 3 qm, dividido en 8 circuitos  e 17 controis.

A Rúa acolleu o Campionato Escolar Provincial de Orientación