sábado. 20.04.2024
somoscomarca_arua_cuartel_guardiacivil_emilioafonso_josemiñones_alvarofernadnez_2022-11-28 (2)
somoscomarca_arua_cuartel_guardiacivil_emilioafonso_josemiñones_alvarofernadnez_2022-11-28 (2)

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe o investimento dun millón de euros para a remodelación do posto da Garda Civil da Rúa como exemplo da aposta do Goberno pola mellora dos servizos públicos, a seguridade da veciñanza e a transición ecolóxica  “nunha recuperación que queremos que chegue a todo o territorio, incluido os concellos máis pequenos”.

Fíxoo durante unha visita á localidade onde puido coñecer as instalacións da Garda Civil da Rúa que van ser obxecto desta mellora, “que beneficiará a plantilla de gardas civís e a cidadanía da Rúa e da contorna que fai uso deste servizo de seguridade cidadá”, sinalou.

José Miñones desprazouse ata A Rúa xunto co subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e percorreu o edificio acompañado polo alcalde da Rúa, Álvaro Fernández.

Alí, sinalou que a renovación do posto da Rúa forma parte do conxunto de actuacións que impulsa o Goberno Central en 16 equipamentos do Ministerio do Interior en Galicia co obxectivo de promover o aforrro e a eficiencia enerxética. O investimento, de 21 millóns de euros, procede dos fondos do do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, en concreto do Plan de Transición Enerxética da Administración Xeral do Estado.

Detallou que, na provincia de Ourense, o Goberno investirá 3,7 millóns de euros deste programa. Este orzamento destinarase a mellora a iluminación da comisaría da Policía Nacional en Ourense (25.733 euros) e a renovar as instalacións da Garda Civil de Celanova (1 millón de euros) e de Verín (1,6 millóns de euros), ademais da Rúa.

Actuación no cuartel da Rúa

O delegado do Goberno avanzou que a actuación na Rúa renovará unha superficie de 2.000 m2 e incluirá a mellora o aillamento exterior, tanto das paredes como da cuberta asi como as fiestras. Tamén se mellorará a iluminación interior. Por último, prevese a instalación de paneis solares para o abastecemento de enerxía. “Con todo isto aforraremos como mínimo o 30% do total da enerxía do edificio e reduciremos o consumo da enerxía tradicional e emisións de CO2”, engadiu o delegado. A actuación deberá estar rematada antes de decembro do próximo ano.

somoscomarca_arua_cuartel_guardiacivil_emilioafonso_josemiñones_alvarofernadnez_2022-11-28 (1)

Repaso aos investimentos

O delegado do Goberno e o subdelegado do Goberno en Ourense mantiveron una xuntanza co alcalde, Álvaro Fernández, onde repasaron os investimentos do Goberno na Rúa, que se achegan aos 2M€ de euros para distintas actuacións de mellora da eficiencia enerxética, equipamentos públicos e conexión a internet.

Así, o Ministerio para a Transición Ecolóxica concedeu 332.291 euros para dous proxectos de renovación do alumeado público municipal, o 80% do custo total da actuación.

Ademais, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana achegou 634.358 euros para a renovación do CEIP Manuel Respino. Esta actuación formou parte do Programa de Impulso á Rehabilitación de edificios públicos, financiado con fondos do Plan de Recuperación.

Por último, o delegado avanzou ao alcalde que A Rúa se beneficiará dos investimentos do Plan Único para a extensión da banda ancha de internet a zonas sen cobertura. En concreto, entre as dúas convocatorias, de 2021 e de 2022, o Ministerio de Asuntos Económicos proporcionará esta conexión a 667 vivendas e empresas deste Concello, que ata agora carecían deste servizo.

A remodelación do posto da Garda Civil da Rúa terá un custo dun millón de euros