
O "Encontro de pinchadiscos" cumpre doce anos conseguindo reunir os «pinchas dos locais da rúa, os históricos», detalla José Vicente Solarat, concelleiro de Cultura e Festexos do municipio.
Na anterior edición xa se puido observar a novidade de invitar a un DJ, nesta ocasión «haberá dous». Dende as 23:15 deste 1 de agosto, na rúa Doutor Vila, escoitarse a música de Rafa Torres ou DJ Serrano. «Este será o pistoletazo de saída o que se chama "O Verán da Rúa 2024"». A maiores, estarán figuras xa coñecidas, de feito, Solarat recorda que «chegamos a xuntar entre 10 e 12 persoas».
Esta iniciativa foi proposta por Santiago Pimentel, segundo recorda o concelleiro, «chamábanlle a Pimentoleta». Dende os inicios desta proposta van «quedando algúns, outros non poder vir». A pesar da dificultade para seguir mantendo os "históricos", Solarat cree firmemente que é necesario «seguila mantendo e respectando». Por este motivo tomouse a decisión de ampliar o cartel con estes dous invitados, «non podemos estar alí todo o rato», comenta entre risas.