sábado. 31.05.2025

Increscendo Colectivo presenta o seu podcast “Cheas de Vida” na Rúa

A presentación será hoxe ás 20:00 horas, no Centro Cultural Avenida da Rúa. “En Valdeorras gústanos ser pioneiros/as”
somoscomarca-increscendocolectivo-2023-10-13
Increscendo Colectivo presenta o seu podcast “Cheas de Vida” na Rúa

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Rural, a cooperativa valdeorresa InCrescendo Colectivo lanzará este 15 de outubro o primeiro episodio do podcast CHEASdeVIDA co que pretende mandar unha mensaxe de esperanza ao mundo a través da voz das mulleres do Camiño de Inverno.

“Queremos que este podcast sexa un lugar de encontro, de crecemento e rexeneración para todas aquelas persoas que cremos nun mundo mellor. Nel escoitaremos voces silenciadas durante moito tempo que, coa coraxe e xenerosidade que caracterizou sempre ás mulleres rurais, abrirán o seu corazón e farannos de guía nestes tempos de incertidume e transformación”, explica Laura Fernández, alma mater do proxecto e co-fundadora xunto coa súa nai de InCrescendo Colectivo.

A iniciativa pretende crear un movemento de persoas que, inspiradas pola humildade dos peregrinos que recoñecían os seus límites e optaban por un camiño labrado pola natureza no canto de atravesar os cumios nevados do Cebreiro, están dispostas a tomar un camiño alternativo.

“En Valdeorras gústanos ser pioneiros/as”, comenta Laura Fernández. “Vivimos nunha terra fértil que nos dá fama a nivel mundial. Agora, ademais do godello ou a pizarra, queremos que Valdeorras sexa coñecida polo corazón das súas mulleres”.

Increscendo Colectivo presenta o seu podcast “Cheas de Vida” na Rúa