sábado. 20.04.2024

María G. Albert acusa ó concelleiro de urbanismo nos anos de goberno popular de irregularidades e carencias «insalvables»

O grupo nacionalista da Rúa, liderado pola teniente alcaldesa María González Albert, solicitará á Consellería de Urbanismo «unha revisión completa do PXOM da vila» polas «carencias totalmente insalvables que ten» que veñen «derivadas dunha tramitación de costas ao equipo urbanístico do Concello, que pouco ou nada se debatiu cos servizos técnicos», asegura.

Conta González Albert que o plan «foi elaborado por unha empresa externa en compañía de quen foi moitos anos concelleiro de urbanismo, Fernando Rodríguez, nos últimos anos da alcaldía de Avelino García Ferradal». Ao respecto di que as cuestións a tratar «non son modificacións puntuais, senón problemas graves do PXOM como un convenio urbanístico «que supuxo cesións de propietarios para servicios públicos, no que éstes cumpliron coa súa parte pero o Concello non incluiu o convenio no plan urbanístico, esquecéndoo no fondo do caixón do concelleiro de urbanismo».



Insiste no feito de que «cando nós chegamos á alcaldía, soubemos destes feitos porque os veciños o denunciaron, porque non había rexistro; o Concello non abonou a súa parte».

Outro problema sen solución sobre o que González Albert chamou a atención foi «co que nos atopamos cando chegou a nós un documento que non nos permite ter un solar para o centro de saúde; é certo que ese espazo existe no papel pero no practica non se pode usar, non é executable».

zona onde nun principio se situaría o centro de saúde

Tamén chamou a atención sobre un tercer problema, «sorprendente e inconcebible», o regato de Fontei que «do que nin sequera aparece o trazado por onde está, aparece por diante do Concello, na praza de Galicia, non se corresponde coa realidade». Algo que será salvable pero que requerirá unha modificación de plano.

Recalcou María G. Albert que os planes de urbanismo «teñen que ser aprobados pola Consellería, polo que acudiremos a ela para que nos permitan facer una revisión completa».

Ao fío das acusacións vertidas sobre a súa persoa e a persoa do alcalde da Rúa, Luis Fernández Gudiña, María G. Albert fixo aclaracións puntuais que conclúen que a petición de dimisión feita polo PP non se levará a cabo por ningún membro do equipo de goberno.

Os nacionalistas da Rúa solicitarán á Consellería unha revisión completa do PXOM