sábado. 31.05.2025

O Nadal enche A Rúa de creatividade co II Concurso de Decoración Natalicia

A iniciativa busca implicar á veciñanza, comercios e colectivos na creación dun entorno festivo e sostible, promovendo valores como a cooperación, a reutilización de materiais e a dinamización local
somoscomarca231109_arua_navidad_lucesnavidad_ (3)
O Nadal enche A Rúa de creatividade co II Concurso de Decoración Natalicia

O Concello da Rúa invita á súa veciñanza a participar no II Concurso de Decoración Natalicia, unha iniciativa que busca dinamizar a cidadanía e infundir un ambiente festivo na localidade. Este concurso, dirixido a persoas, colectivos, comercios e comunidades, ten como obxectivo fomentar a creatividade, os valores comunitarios e o uso de materiais reciclados para crear un entorno acolledor e ilusionante durante o Nadal.

Categorías para todos os públicos

O concurso divídese en catro categorías, que permiten a participación de diferentes colectivos:

  • Comercios e hostalaría (Categoría A)
  • Xanelas e balcóns (Categoría B)
  • Casas particulares (Categoría C)
  • Premio especial (Categoría D): Dirixido a comunidades de veciños, colexios, Rúa ou praza

Inscricións e calendario

As persoas interesadas poderán inscribirse a través dun formulario en liña ou de forma presencial na Casa do Concello dende o mércores 4 de decembro ata o venres 20 de decembro de 2024.

Os elementos decorativos deberán permanecer expostos dende o 20 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2025. Posteriormente, o xurado dará a coñecer o fallo o 9 de xaneiro, publicando os resultados nas plataformas oficiais do Concello e contactando directamente cos gañadores.

O Nadal enche A Rúa de creatividade co II Concurso de Decoración Natalicia