domingo. 25.02.2024
portada
María González Albert volverá ser alcaldesa da Rúa

No comunicado recibido en Somos Comarca informábase que: «María González Albert volverá ser alcaldesa da Rúa a partir deste sábado despois de que nacionalistas, socialistas e independentes chegasen a un acordo para garantir a gobernabilidade e a estabilidade do Concello da Rúa para os próximos catro anos».

«Desde as pasadas eleccións municipais do 28 de maio, e a tenor dos resultados saídos das urnas, desde as tres forzas políticas comezouse cun período de negociacións que sempre estivo guiado polo obxectivo común de garantir que o Concello da Rúa se guíe por consensos e diálogo entre todas as forzas políticas», engade.

«Ese período vén de rematar coa que, estamos seguros, é a mellor opción para A Rúa. Un acordo de investidura sen apriorismosrealizado desde a xenerosidade e acordo de todos os grupos», remata.

María González Albert volverá ser alcaldesa da Rúa