
Ábrese un novo capítulo na problemática da auga no Concello da Rúa. Nesta ocasión, dende o equipo de goberno, están focalizados na redución das perdas de agua «máis aló das obras para mellorar a calidade».
María González Albert, alcaldesa do municipio, comunica que con este traballo que están a realizan levan «localizadas más de 110 unidades de subministración que non tiñan contador». Para que todos os donos poidan tomar medidas, dende o concello enviarán unha notificación para que sexa posible facer a transición e regular dita situación.
Así mesmo, a alcaldesa sinala que dende o goberno «van penalizar as perdas de auga». Tendo en conta estas sancións, estase a realizar un traballo, xunto co servizo de recadación, de recoñecemento e detención daqueles espazos que teñen servizo de augas pero non contador, «que son bastantes». Aquelas persoas que non teñan este servizo en regularizado «obrigará a que paguemos o conxunto», matiza Albert.