sábado. 14.06.2025

Fontei (A Rúa) celebra o seu día grande das festas de San Antón de Padua

As celebracións, que se estenderán ata o día 15, comenzaron na mañá deste 13 de xuño coa procesión, seguida da misa e a tradicional bendición das roscas 

Este xoves, 13 de xuño, Fontei, no concello de A Rúa, deu o pistoletazo de saída ás súas festas de San Antón de Padua, unha celebración moi arraigada na tradición e na devoción dos veciños e visitantes. A xornada comezou coa procesión solemne pola mañá, que partiu ás 12:30 horas desde a igrexa parroquial, acompañada pola charanga Nova de Trives, que amenizou o percorrido con música en vivo.

somoscomarca_20250613_arua_fontei_fiestasanantonio_procesion (8)

Na procesión, as portadoras das "roscas casamenteiras", que son consideradas un símbolo de sorte no amor, saíron en grupo, seguidas pola imaxe de San Antón de Padua, coñecido como o santo das roscas casamenteiras e dos obxetos perdidos. Os veciños e devotos cren firmemente que comer estas roscas bendecidas na misa do santo trae sorte para atopar parella ou, entre risas comentan,que axuda a manter as parellas xa formadas.

somoscomarca_20250613_arua_fontei_fiestasanantonio_procesion (2)

Ao remate do percorrido, que tivo lugar polas rúas de Fontei, onde se realizaron varias paradas para que as veciñas lle lanzaran pétalos á imaxe,  a comitiva regresou á igrexa, onde tivo lugar a celebración da eucaristía, un momento de fervor e tradición que uniu a todos os fieis. Antes de finalizar, o párroco Daniel Pérez Quintela bendicíu as tradicionais roscas, que foron vendidas na praza, converténdose nunha parte esencial desta festa.

somoscomarca_20250613_arua_fontei_fiestasanantonio_procesion (15)

Pola tarde, a festa continuará na praza con música en vivo, coa actuación da orquestra Tango na sesión de tarde e verbena, que animará a todos ata a madrugada. O DJ Marc Arroyo será o encargado de facer bailar aos asistentes ata o mencer, deixando un ambiente festivo e cheo de alegría.

Para o día seguinte, sábado 14 de xuño, a programación inclúe unha sesión vermú na praza a partir das 13 horas, con DJ Marc Arroyo e pinchos gratis para todos os asistentes. Á noite, o prato forte será a XVI edición da Cea Popular, que se celebrará baixo a carpa instalada preto da praza Enriqueta Casanova. Como novidade, durante a festa realizarase o sorteo de 500 euros en metálico, cuxas rifas se venderán previamente. O domingo 15 de xuño rematan os festexos cunha seción vermú e baile de tarde a cargo da orquestra La Travesia.

Fontei (A Rúa) celebra o seu día grande das festas de San Antón de Padua