jueves. 18.04.2024
Exitosa xornada de portas abertas de Abertal

A Casa da Cultura da Rúa acolleu a xornada de portas abertas organizada pola  Asociación Cultural Abertal este mércores, 15 de setembro. Coa convocatoria pretendeuse captar novo alumnado e así nutrir de músicos e bailaríns á nova sociedade que se acaba de constituír. 

Abertal leva funcionado como grupo de música e baile tradicional 30 anos, dende hai uns meses deu un paso adiante constituíndose en asociación. Manolo Durán fundador e director da agrupación é o presidente da nova entidade.

Aida acompañando aos nenos tocando a pandeireta

«Pretendemos captar novos alumnos e facerlle unha mostra do que facemos, tocándolle algunha peza cos instrumentos e deixándolles facer algo do que tocamos, para que se animen e se incorporen a nova asociación», explica Manolo Durán.«Algúns xa estaban no curso anterior e outros é a primeira vez», subliñou.

Xilda Durán de Abertal ensinando o bombo e tambor a dous rapaces

Os mestres fixeron unha pequena demostración con todos os instrumentos e logo os nenos foron probando. Un pouco de baile, un pouco de percusión, de  gaita ou de acordeón. Manolo Cobas foi o encargado de amosarlles a parte de baile, canto e pandeireta; Xilda Durán encargouse da percusión—bombo e tambor—; a gaita recaeu en Oscar Guerra e o acordeón en Suso Rodríguez.

Manolo Cobas mestre de Abertal ensidando a pandeireta

Os nenos de catro a quince anos foron na primeira quenda de 17:30 a 19:30 e os adultos a partir das 19:30  até as 21.00 horas.

Pode formar parte da asociación todo aquel que teña ganas de tocar algún instrumento ou bailar, a ninguén se lle impón o que ten que facer. «Déixase que eles elixan porque o final si gusta, pónselle ganas, pónselle traballo e o final acábase chegando a tocar», apuntaba Oscar Guerra . «Non nos  gusta impoñer instrumentos, é mellor que cada un elixa o que lle gusta. Nos, non enfocamos a un grupo que ten unhas necesidades instrumentistas, senón máis ben que cada quen desenrole as súas», aclaraba.

Xilda, Durán e Oscar durante a entrevista feita a Abertal

Xilda, outra das mestras facía alusión as ganas e a ilusión dos rapaces. «Teñen ganas. Estiven ensinándolles un pouquiño de percusión que é o meu cometido, tambor e bombo e vinlles ganas, que lles gustaba moito, que se animaban e a verdade e que non querían deixalo. Hasta me costou que marcharan para outro instrumento para que o probasen», indicou.

Os pais e nais acompañaron aos rapades a xornada de Abertal

A xornada de portas abertas acudiron 15 nenos e máis dunha ducia de adultos dispostos a formar parte dun grupo que forma parte da cultura e da historia da comarca desde hai máis de 30 anos.

actuación dos mestres de Abertal cos nenos e nenas

Exitosa xornada de portas abertas de Abertal