viernes 28/1/22

Tralas peticións feitas polo Concello da Rúa, a Deputación de Ourense farase cargo finalmente do arranxo da estrada de Vilela, urbanizando e señalizando a zona do entronque coa OU-603 que atravesa a vila. O pasado venres publicábase no BOP a aprobación dunha subvención para esta urbanización, unha decisión que celebran no Concello. «Formulábamos esa petición no mes de setembro, porque detectamos que no tramo que hai no entronque das dúas carreteiras existe un problema grave de seguridade viaria», explicou o alcalde, Luis Fernández Gudiña.

Para o rexidor da Rúa, «as personas que circulan entre a estación de tren e a zona de San Roque corren certo perigo cando camiñan pola acera ao chegar a Vilela porque non teñen maneira de cruzar a non ser saltándose á torera a estrada», conta. É por iso que dende o Concello quixeron chamar a atención sobre este problema e solicitar a colocación «dun tramo de beirarrúas na marxe dereita e un paso de peóns para cruzar dun lado ao outro».

Dende o Consistorio rués ven «con satisfacción que a petición foi atendida porque desta forma tamén se completará a acometida cunha mellora puntual do firme da carreteira na zona urbana de Vilela». O obxectivo é aportar seguridade a unha zona que «vai dar aos colexios e a zona da escola infantil, de bastante tránsito de vehículos e persoas».

Deputación arranxará a carreteira de Vilela no entonque ca OU-603