Dende o PSdeG aseguran que «impulsarán a construción do centro de saúde da Rúa»

Dende o PSdeG aseguran que «impulsarán a construción do Centro de Saúde da Rúa»
O Centro de Saúde da Rúa foi tema central do discurso do PSdeG nun acto feito na Rúa

Neste acto, onde o tema central foi o Centro de Saúde da Rúa, asistía Carmen Rodríguez, cabeza de lista do PSOE na provincia; Luis Gudiña, teniente alcalde da Rúa; Eladio Santos Martínez, candidato socialista pola provincia de Ourense. Apoiados por Aurentino Alonso, deputado provincial socialista pola comarca de Valdeorras. 

«Estamos nun solar no que se ía facer un centro de Saúde despois de máis de 20 anos de reivindicación polas necesidades que ten a Rúa por este novo centro», explicaba a cabeza de lista do PSOE na provincia.

Rodríguez tamén asegura que a atención primaria «está na UCI». Por isto, a cabeza de lista comprométese a «impulsar a construción desde centro de saúde como merecen os habitantes da Rúa». 

«Por parte do Concello se deu un empuxón, nos últimos anos, conseguindo estes terreos», explica Gudiña. Por outra banda, tamén mostra o seu descontento, xa que «vemos que unha vez máis a Concellería, con relación o noso centro de saúde, mira para outro lado».

Pola súa banda, Santos, explica que fai un par de días «saíu un informe do Defensor do Paciente que di que a atención primaria en Galicia é a máis saturada de España».