domingo. 19.05.2024
María Albert, alcaldesa de A Rúa

O sábado 17 de xullo, María González Albert convertíase na nova alcaldesa da Rúa, despois de que o seu partido (BNG) alcanzase un acordo de investidura con RUA e PSOE para o próximos catro anos.

Aínda que ela leve no cargo aproximadamente 6 meses, fai un balance conxunto de como foi todo o ano no Concello da Rúa.

«Conseguiuse que se xerase nas rúas un ambiente de tensión, que non era bo para ninguén», explica a alcaldesa. Ó que engade: «Nós atopámonos un Concello no que non estaba a conta feita do ano pasado, por tanto foi un ano no que non houbo orzamento municipal. Isto vaise corrixir agora»,

Foron uns 6 meses de «urxencia», segundo relata a propia María Albert. Sobre todo, cando se toma posesión en pleno verán, con toda a programación que está encima da mesa que é algo que corre présa nese momento.

 «No momento no que pasou o verán, puidémonos poñer a traballar nas cousas que consideramos importantes desde o grupo de goberno. O máis importante é que aquela tensión que se tiña nas rúas desapareceu», comenta María Albert. 

«Levamos 6 meses de posta ao día, facendo unha aposta importante pola programación cultural e de actividades sociais, para toda a xente», lembra a alcaldesa. Tamén puxeron en marcha iniciativas como foi a Axenda Municipal que contou cunha grandísima resposta por parte da cidadanía. 

As obras do 2023

«Fomos executando diferentes obras que estaban do mandato anterior», relata María Albert.

Tamén está o Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. Deste xeito, a Xunta financiará o 70% da obra e o concello asumirá o 30% restante.

Este plan axuda a ofrecer un cambio na maior parte das rúas do centro da vila. Por exemplo, en a Rua Doutor Vila, era necesaria esa actuación de mellora aínda que é unha rúa que se renovou non fai moito, era importante unha actuación nesta zona. 

Neste mesmo plan tamén se atopa a mellora do Barrio da Estación.

portada Estación tren A Rúa
estaciondetrenarua
Estación de tren de A Rúa

O 17 de agosto, só un mes despois da tomar posesión, licitouse  a finalización da urbanización na Rúa Pireira. «Esta é a segunda fase, tamén vén do anterior mandato, no que se fixo un concurso público que ficou deserto. Entón, nós pedimos unha prórroga para a execución desa obra», explica a alcaldesa.

A Rúa

O Centro de Saúde 

«Non sabemos nada da Xunta de Galicia. O que sabemos é que deixaron caducar a licenza sen pagala e, por tanto, deixaron caducar ese expediente», explica a alcaldesa. A pesar diso, desde o Concello esperan que o Centro de Saúde salga adiante.

María Albert di que: «Non se pode utilizar a saúde da xente como arma electoral. É evidente que o Centro de Saúde está nunhas condicións que non se axustan ás necesidades da cidadanía e que merece unha sanidade de primeira». 

A situación do albergue 

«Seguro que abre as súas portas, estamos a terminar algúns flecos porque non estaba aínda en condicións para abrir», comenta a alcaldesa.

As obras xa están feitas e están a terminar de pechar todo para a súa xestión, «que con toda a probabilidade vai ser mediante un convenio coa Asociación de Amigos do Camiño», di María Albert. 

portada-somoscomarca-albergue-peregrinos-arua-2023-04-20
Albergue A Rúa

O Concello de A Rúa apostou pola programación cultural no 2023