
As obras do Concello da Rúa seguen avanzando «ben, agora estamos levantando toda a rúa das Guindeiras», explica María G. Albert, alcaldesa do municipio. Segundo xa comentou en outras ocasións «é unha obra que viña herdada do mandato anterior. A maiores incorporamos dúas obras a maiores que esperamos licitar nos próximos días».
Despois de Semana Santa, comezará as melloras na rede de abastecemento de «Santo Estevo, que como se sabe é unha obra que xa licitamos». Cabe recordar que fai un mes, a alcaldesa explicaba para unha entrevista a Somos Comarca que houbera «un pequeno atraso por unha errata na tramitación da Deputación con ese traballo de mellorar a calidade da auga».
Por outra banda, está a «gran obra que nos ten ocupado todo o centro da Rúa, a cal presentou un avance significativo ene estes días». Abriuse xa tres tramos, «o da rúa Benito Fernández, Miguel de Cervantes e tamén a Rúa Real», asegura a alcaldesa do municipio. A partir do luns, 1 de abril, «empezarase as obras na rúa Silveira. Vamos notificar que a partir do domingo a tarde non se estacione na zona para comezar os traballos o día seguinte», conclúe María G. Albert.