martes. 17.06.2025

Comezan os preparativos para as Festas de Verán de A Rúa

portada

O programa das Festas de Verán do Concello de A Rúa está practicamente cerrado. O alcalde rués, Luís Fernández Gudiña, asegurou que tratarán de “limar os asuntos que quedan” durante a presente semana para presentar o programa de festas durante a vindeira fin de semana.

O rexedor falou tamén da índole económica que atinxe a estas celebracións, indicando que o presuposto destinado a esta edición das Festas do Verán 2017 é parecido ao do pasado exercicio e que anda arredor dos 48.000 euros. Así mesmo, sinalou que no caso da Bacofesta -que se celebrará a fin de semana vindeira ás Festas de Verán-, existe un pequeno aforro con respecto a pasadas edicións. “Prevemos un pequeno aforro que non podo cuantificar de momento, posto que aínda quedan cousas por concretar”, explicou o alcalde.

As Festas do Verán darán comezo o vindeiro día 2 de agosto, e rematarán o día 7 do mesmo mes. O xoves día 3, será a quenda da chamada “Festa da Xuventude”, que contará con verbena a cargo da orquestra La Última Legión. O venres 4 será a orquestra Paladium a que leve a batuta en canto á música, nun día dedicado aos máis pequenos. Haberá inchables para os nenos no antigo campo de fútbol.

O sábado 5 de agosto a música correrá a cargo da orquestra Marbella, e haberá un pasarrúas coa charanga do Equipo B. O domingo 6 será o último día de verbena coa orquestra Gran Parada e a charanga Terras de Vivei. O luns, día 7, as festas rematan coa feira máis importante do ano, na que actuará a Banda de Noia na rúa Doutor Vila.

O programa compleméntase con actividades paralelas de carácter deportivo, como o Torneo de Tenis ou a Milla Urbana. “É unha festa onde predomina a música, pero hai outras actividades que se suceden paralelamente”, sinala Guidiña.

Comezan os preparativos para as Festas de Verán de A Rúa