jueves. 29.05.2025

O CEIP Manuel Respino da Rúa inaugura o programa educativo "21 Días co Galego e +"

O acto inaugural, celebrado no Centro Cultural Avenida, contou coa participación do alumnado, a intervención da alcaldesa do municipio rués e a presentación dun vídeo que amosa o compromiso co galego e co medio ambiente
P_somoscomarca_250131_arua_manuelrespino_galego1110
P_somoscomarca_250131_arua_manuelrespino_galego1110

O CEIP Manuel Respino da Rúa deu inicio a mañá do 31 de xaneiro ao programa educativo "21 Días co Galego e +", unha proposta impulsada pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo fomentar o uso cotián do galego e incentivar unha reflexión sobre a relación das persoas coas linguas. A iniciativa, que tamén busca reforzar a identidade e o orgullo cultural galego, desenvolvese nunha xornada chea de actividades e compromiso.

somoscomarca_250131_arua_manuelrespino_galego1109
Alumnado do Manuel CEIP Manuel Respino

O acto inaugural, celebrado no Centro Cultural Avenida, contou coa participación do alumnado do centro, que vestiu a camiseta oficial do programa como sinal de apoio. O evento deu comezo cun emotivo discurso no que se subliñou o valor do galego como unha lingua viva e esencial para a identidade de Galicia.

Durante a xornada, a alcaldesa da Rúa, María González Albert, tamén dirixiu unhas palabras, felicitando ao centro pola súa implicación no programa e agradecendo a súa participación activa no Proxecto Ruagua, que promove a sostenibilidade e o coidado do medio ambiente.

Un dos momentos máis destacados foi a presentación dun vídeo realizado polo alumnado, no que se plasmaron os seus compromisos tanto co galego como co medio ambiente, destacando como cada palabra e cada acción contribúen á construción dun futuro mellor.

O acto rematou cunha actuación da Escola de Gaitas Abertal da Rúa, que ofreceu un espectáculo musical repleto de tradición e enerxía. Ao longo das próximas semanas, o programa continuará coa realización de actividades como xogos populares, obradoiros, contacontos e concertos, converténdose nunha experiencia educativa que vai máis alá das aulas. 

O CEIP Manuel Respino da Rúa inaugura o programa educativo "21 Días co Galego e +"