jueves. 08.06.2023

«Aspiramos a gobernar en solitario. Se non haberá que pactar con ‘case’ todos os grupos»

María González Albert asegura na presentación do programa electoral do BNG da Rúa «Cremos que vamos a ser a forza máis suba na Rúa porque temos o mellor proxecto e o mellor equipo»
somoscomarca_arua_bng_marialabert_desayuno_28m_20232023681
«Aspiramos a gobernar en solitario, se non haberá que pactar con ‘case’ todos os grupos»

O Bloque Nacionalista da Rúa arrincou este venres, 12 de maio, a súa campaña electoral presentando nun almorzo informativo o seu programa electoral que a candidata á alcaldía, María González Albert, define como o «mellor proxecto. Imos ser a forza que máis suba na Rúa».

O BNG dividiu o seu programa en dous grandes grupos baixo o lema «A Rúa merece máis». «Está moi traballado e consensuado. Recolle as principais necesidades do municipio».

O primeiro bloque contempla programas «máis urxentes que deberán abordarse no verán». Neste apartado inclúese a limpeza viaria, os desbroces ou «as piscinas municipais, unha cuestión urxente. O actual equipo de Goberno non acatou o acordo de todos os grupos para acordar as bases e sacar o concurso en tempo e forma».

En canto ao bloque estrutural, dividido en cinco puntos, o grupo nacionalista buscará crear unha marca "A Rúa" para reactivar a economía. Tamén desenvolverá unha plan para o comercio local, accións turísticas ou promover a produción de proximidade.  A isto sumaranse os servizos, onde se centrará na auga. Para iso poñerá en marcha a 2ª e 3ª fase da remodelación da rede de abastecemento e saneamento. En canto a infraestruturas, realizarán un mantemento viario e zonas verdes. A Sanidade é outro eixo central do programa. O BNG traballará para conseguir un catro médico no Centro de Saúde. 

O viño, destaca Albert, será outro dos eixos nos que traballará o BNG para que A Rúa se converta na «capital do godello», algo que impulsará coa creación dun Museo do Viño.

A todo iso únese a humanización da Rúa, establecendo camiños directos entre Concello e veciños, e un quinto punto, baseado no benestar para conseguir un municipios «feminista, feminino, para os maiores, para a infancia e a junventud».

O obxectivo do BNG será gobernar en solitario pero, no caso de non conseguilo, non descartan negociar con «case todos os grupos».

Se queres escoitar a conversa que mantivo María González Álbert e o seu equipo no almorzo informativo, atoparalo na seguinte ligazón:

 

«Aspiramos a gobernar en solitario. Se non haberá que pactar con ‘case’ todos os grupos»