
A falta dunhas horas para que arranquen as Festas de Verán na Rúa, quixemos falar coa súa alcaldesa, María González Albert, nun lugar de paso pero, a vez, onde todo comeza. A estación do tren foi o plató improvisado dunha conversa que nos levou a saber un pouco máis como son e o futuro da festa, que por certo non ten patrón nin igrexa aínda que conta con dúas parroquias a de Fontei e a de Santo Estevo na Rúa Vella.
Este ano as festas recuperan o deporte que se perdera despois da covid. Así, volve a milla urbana, o golf rústico e o campionato de tenis. Os nenos tamén terán actividades durante todos os días: inchables na piscina, no campo de fútbol de herba, contacontos, espectáculos de maxia e de animación de calle... «Estamos moi satisfeitos coas festas que quedaron ao final», manifestaba Albert.
Resalta que é «un programa bastante completo que se vai desenvolver nun entorno que probablemente non cumpre co criterios de espazo e de usabilidade que nos gustaría». E, é que as festas cada vez teñen máis xente, as orquestras traen escenarios xigantesco e a isto súmase «menos espazo no centro da vila».
Ao igual que sinalara José Vicente Solarat, concelleiro de Cultura e Festexos», nunha entrevista recentemente concedida a Somos Comarca, a alcaldesa apunta que «as festas non poden seguir onde habitualmente se fan, na praza da Estación».
Despois da pandemia a Xunta de Galicia cambiou a normativa dos espectáculos públicos e os requisitos de «espazo e evacuación non se compren aquí arriba», recalcou.
«Temos un ano para repensar as festas e non e cuestión de vontade se non de necesidade. Primeiro a de cumprir coa lei e despois de que haxa un espazo habilitado e suficiente para poder desenvolver as festas con garantía». Anos atrás houbo un intento previo de levar as festas ao Aguillón e «o formato non era o ideal e creo que temos por diante un ano para repensar as festas que eu creo que no caso de ir alí abaixo que é bastante probable, por este motivo»
A opción que se está a barallar para ubicar as festas e o campo de fútbol de herba «permitiría que as orquestras caiban con facilidade, que haxa un espazo para o aparcamento de calidade e que haxa tamén espazo para que atraccións de feira máis grandes»
Pero aínda que se traslade a festa para o Aguillón no centro da vila seguirá habendo actividade, «o centro da vila ten que sentir que estamos en festas». «Habilitar espectáculos máis pequenos para o núcleo urbano , o encontro de pinchadiscos, seguirase facendo no casco urbano e terase animación na rúa con charangas».
Non foi doado» aseguraba nos primeiros minutos da conversa a alcaldesa, referíndose á organización dos festexos. O cambio de goberno, a pouco máis dun mes do inicio das mesmas, fixo que non se rematara a preparación polo que «houbo que darse moita presas para poder cumprir cos prazos, cos tempos, cos espazos; con todas as dificultades que leva a organización dun evento deste tipo». Pero o certo que A Rúa dará o pistoletazo de saída as súas Festas de Verán nunhas horas e prometen ser unhas, boas festas!
A entrevista completa pódese ver e escoitar no seguinte vídeo: