Un dos obxectivos que se marcaran dende este equipo de goberno da Rúa, «era o de poñer en marcha, cuanto antes, o albergue», explica Luís Fernández Gudiña, teniente alcalde do Concello. E ese día está máis preto que nunca, xa que o 15 de marzo farase o acto inaugural para comezar a acoller a todos os peregrinos que queiran acudir a este albergue.
«Nestes meses estivemos traballando nos últimos detalles para facelo utilizable o único que nos quedaba era determinar o tipo de xestión queriamos facer. Entón, apareceu Agacs a través de Asun», asegura Gudiña.
De feito, recordemos que fai case un ano comezábase a buscar unha empresa interesada na xestión destas instalacións. En aquel momento había diferentes opcións, como por exemplo sacar a concesión a concurso e que unha empresa interesada o xestionara. A outra, pasaba por unha proposta da presidenta da Asociación de Amigos del Camiño de Inverno, que propuña que fora un voluntario quen se encargara da xestión.
María Albert, alcaldesa da Rúa, ten moi en conta que o «Camiño de Inverno é unha prioridade para o Concello da Rúa e, creo, que para toda a Comarca de Valdeorras. É un vehículo de mellora económica, cultural e social».
A alcaldesa cree que este pode ser un «punto de partida para que a iniciativa privada se involucre no Camiño de Inverno porque é unha riqueza para nós en todos os niveis». Grazas a firma deste acordo é posible que os peregrinos que transitan esta zona «teñan cada vez máis servizos e, por tanto, máis visitantes», engade María Albert.
Como será o funcionamento do albergue? «En el convenio viene establecido que va a ser atendido a través de hospitaleros voluntarios, mayoritariamente de Agacs, pero también de la Asociación de Valdeorras», explica Manuel López, presidente da Asociación Agacs. Outra das ideas que hai é que o «peregrinos colaboren con el hospitalero», por outra banda que «colaboren con un donativo».
Dúas cousas importantes que hai que ter en conta é que «non se admiten reservas ni transportes de mochilas, ahí somos tradicionales», explica López.
Neste vídeo poderás desfrutar dun percorrido polas instalacións do albergue
Comparecencia de Manuel López, presidente da Asociación Agacs