viernes. 13.06.2025

Nove adegas participan este ano na BacoFesta

Dende o venres 9 de agosto até o domingo día 11 O Aguillón (A Rúa) acolle esta cita que aúna viño e tempos romanos

A BacoFesta da Rúa inaugurou a súa novena edición este venres 9 de agosto no Aguillón. Unha festa que durará até este domingo día 11 e que une o viño de Valdeorras e a época romana da vila ruesa. 

somoscomarca_240809_arua_bacofesta2214

Un total de nove adegas participan este ano con diferentes stands, onde ofrecen a opción de degustar unha copa das súas mellores variedades, unha botella e petiscos variados. Son A Coroa, Alan de Val, Joaquín Rebolledo, Melillas e Fillos, Pinguela, Sampayolo, Roandi, D´Berna y José Luis Aristegui.

somoscomarca_240809_arua_bacofesta2201

A esencia da Bacofesta está en catar os viños das adegas que apostan por esta celebración na que é a súa novena edición. Así un Pedrazais de Alan de Val, un Ventura de Adega Pinguela, un Trasdairelas de Joaquín Rebolledo, o 200 Cestos de Adega A Coroa, o escumoso Brinde de Roandi en calquera das súas versións, godello, rosado ou Mencia  e coma non, o vermut artesano de Adega Sampayolo coa base de viños de godello, garnacha e mencia, e 17 botánicos, son os nosos preferidos.

Tres días de festa que, segundo a alcaldesa da Rúa, María González Albert, teñen entre os seus obxectivos «disfrutar e poñer en valor os viños da nosa D.O. nunha paraxe espectacular». 

Nove adegas participan este ano na BacoFesta