viernes. 30.05.2025

A Rúa aposta por unha programación educativa e de sensibilización para o 25-N

A alcaldesa María González Albert destaca a importancia das campañas educativas e de seguridade para as mulleres no municipio

O 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, é unha data que busca concienciar á sociedade sobre a importancia de erradicar as diferentes formas de violencia que as mulleres sofren no mundo entero. Esta conmemoración foi establecida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1999, pero a súa orixe remóntase a 1960, cando as tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, foron brutalmente asasinadas por orde do dictador Rafael Trujillo.

Vinte e cinco anos despois, esta loita sigue presente en todos os concellos da comarca de Valdeorras. Días antes desta celebración, A Rúa, presentou a súa programación con este motivo. A alcaldesa, María González Albert, destacou que esta data é un símbolo da loita continua que debe desenvolverse ao longo de todo o ano para combater as violencias machistas e fomentar unha sociedade máis igualitaria.

Entre as actividades previstas, o propio 25-N realizarase a lectura de manifestos, no que se espera ter participación dos centros educativos. Ademais, o Centro Cultural Avenida acollerá unha programación cinematográfica centrada nesta temática.

Un dos proxectos destacados será a presentación dun "termómetro de violencias machistas", un recurso didáctico orientado aos colexios co lema “A violencia tamén se mide”, que busca sensibilizar ás rapazas e proporcionarlles información sobre recursos e espazos de axuda.

Outra iniciativa será a campaña “A Rúa Segura”, que busca involucrar á hostalaría local na creación de espazos seguros para as mulleres, especialmente no ámbito do ocio nocturno. O programa incluirá formación para os negocios interesados, baseada nas directrices da Xunta de Galicia. Ademais, de cara ás festas máis importantes do municipio, instalarase un punto violeta atendido por persoal cualificado para ofrecer asistencia en caso de problemas relacionados coa violencia machista.

Si desexa escoitar a entrevista completa pode facelo aquí:

A Rúa aposta por unha programación educativa e de sensibilización para o 25-N