viernes. 19.04.2024
Vendimia y uvas, Godeval la vedimia más temparana de Galicia (7)
A Xunta habilita un teléfono de cooperación cidadá para denunciar irregularidades na vendima

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, vén de habilitar un teléfono de cooperación cidadá para denunciar anonimamente irregularidades no marco do plan de control da vendima deste ano, que se pon en marcha por cuarto ano consecutivo.

Como reforzo a todas as accións de control, este ano implantouse como novidade unha vía para a colaboración da cidadanía. Así, ponse a disposición tanto aos cidadáns como a profesionais do sector o teléfono 988 517 302 para denunciar de forma anónima actuacións presuntamente irregulares que puideran desencadear posteriores investigacións.

As denuncias recibidas clasificaranse segundo a súa tipoloxía, como pode ser a entrada de uva foránea en parcela ou adega, o transporte tanto de uva como de mosto foráneo, a compra destes mesmos ou de variedades non permitidas ou a falsificación de declaracións ou etiquetado nas adegas, entre outros.

Características do plan

Trátase dun plan propio da Xunta que ten como principal obxectivo evitar situacións fraudulentas que se poidan producir desvirtuando o sistema xeral de control de calidade diferenciada dos viños galegos con denominación de orixe, asegurando e preservando a calidade dos seus viños. Dentro das accións enmarcadas neste plan, xa deu comezou o control de parcelas, transporte e de rendementos e iniciarase a parte específica da vendima cando esta dea comezo de xeito efectivo.

Para o control, cóntase cun equipo -idéntico ás últimas campañas- formado por 15 persoas, das cales 12 son inspectores de campo e tres técnicos. Este programa púxose en marcha en coordinación con tódolos consellos reguladores de cada unha das denominacións de orixe (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei).

No ano 2021 os inspectores realizaron o control sobre 4.705 parcelas, que corresponden a un total de 446 viticultores, así como a 116 adegas das diferentes denominacións. Así, este ano faranse inspeccións a viticultores, a adegas, en transporte (verificación de cargas e descargas), controis de centros de acopio, controis de aforos e vixilancias nocturnas e diúrnas.

Unha parte moi importante do control lévase a cabo durante a vendima con fin de verificar a entrada da uva nas adegas, a súa procedencia e a produción máxima que establece cada prego de condicións para as distintas variedades de uva de cada DO. Tamén se estimará a posible colleita para así ter información detallada e poder cotexar coa produción real que se entrega en adega.

Así mesmo, realizaranse controis terrestres de uva nas proximidades das adegas e nas vías de comunicación na contorna das parcelas de vendima. Tamén se controlarán os centros de acopio ou postos de compra-venda de uva que poidan existir no ámbito xeográfico de actuación, garantindo que estean dados de alta no respectivo consello regulador. Unha vez rematado o período de inspeccións, cos datos recollidos realizaranse informes técnicos, estudos estatísticos e comparativas.

A Xunta habilita un teléfono de cooperación cidadá para denunciar irregularidades na...