sábado. 20.04.2024

Las 11 empresas visitaron las instalaciones de Vilariño, que ya tienen parte de la infraestructura construida

O Concello de Vilariño de Conso continúa dando pasos en firme para ver rematada a súa residencia de maiores. Na maña deste martes as 11 empresas que se presentaron no concurso de licitación acudiron ata o pobo para comprobar in-situ o estado das instalacións.

Melisa Macía, alcaldesa da localidade, resaltou o interés por parte de todas as compañías e o estado dun edificio que xa está construido en parte. Para a rexedora despois de ter tanto tempo estas obras detidas, e moi importante que pouco a pouco avancen.

Na súa reunión co presidente da Xunta, trasladoulle a posibilidade de crear un convenio para que os miores que desexen ir a residencia de Vilariño o podan facer. Tamén falaron de diversos proxectos turísticos.

A construcción de pistas de tenis, pádel, piscina ou as áreas recreativas e de autocaravanas forman parte desta iniciativa, máis agora que son numerosos os visitantes que suben desde os diferentes pobos para coñecer o entorno natural que ofrece o municipio.

Macía non se olvida de que a vila vive da gandería, por elo cree que é importante apostar por zonas de protección de incendios, a creación de aldeas modelo, pistas de acceso e a dotación de pastizais para os gandeiros.

Vacinacións

O concello continúa libre da Covid nestes intres. Os únicos casos datan do mes de marzo do 2020, e foron superando vagas sen novas infeccións. De cara ao verán esperan que ca vacinación da maior parte da poboación debido a súa idade, a maioría son maiores. Esto axudará a terminar de fomentar un turismo seguro.

Un total de 11 empresas se presentan para terminar la residencia de Vilariño