
Por terceiro ano consecutivo os dous concellos desenvolverán os proxectos dentro da convocatoria de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia por importe de 28.000 euros.
Esta iniciativa é froito da colaboración dos Concellos pertencentes a zonas rurais de baixa concentración demográfica, co obxectivo de ofertar atención e servizos ás mulleres residentes no territorio a través de redes de apoio e dun espazo compartido de formación, saúde, autocoidado, autoestima e empoderamento.
O proxecto, denominado En Rede, conta co asesoramento da experta en Igualdade Eva D. Castro Outeiriño para desenvolver actividades innovadoras que dean resposta ás necesidades das mulleres á vez que promoven o seu benestar e desenvolvemento.
Unha das claves do desenrolo desta iniciativa é que todos os servizos ofertados dentro do proxecto son realizados por empresas do territorio acadando así un desenvolvemento sostible dos proxectos empresariais da contorna.
Proxectos para promover a corresponsabilidade
Ambos Concellos encóntranse tamén entre os beneficiarios do Plan Corresponsables no ámbito local a través dos que apoian ás familias ofertando servizos que permitan a nais e pais continuar coas súas responsabilidades, sobre todo no período estival, cando a poboación destas zonas crece exponencialmente.
O Concello de Larouco acadou unha subvención de case 15.000 euros para desenvolver os campamentos e actividades do verán, e o Concello de San Xoán de Río pola súa banda acadou 25.000 euros para o campamento, o campus de fútbol e as tardes do Concilia.
Con estes proxectos os Concellos dan un paso máis no seu esforzo para constituír o rural como un territorio cheo de oportunidades, fixando poboación, consolidando o emprego, fomentando a inclusión social e dotando á poboación de servizos ata agora inexistentes.