lunes. 16.06.2025

O PSdeG denuncia a demora de un ano no HPV para retirar unha escaiola

A paciente, de 90 anos, obtivo cita en Traumatoloxía para decembro de 2022. Marina Ortega reclamoulle ao conselleiro que responda das peticións de reunión que lle ten trasladado reiteradamente a Xunta de Persoal
O PSdeG denuncia a demora de un anho no HPV para retirar unha escaiola

A parlamentaria socialista Marina Ortega levou á Comisión de Sanidade o caso da paciente de 90 anos que, cunha escaiola no prazo e a petición do médico de retirala en 15 días, obtivo cita en Traumatoloxía para decembro de 2022, un ano despois. Ortega sinalou que este caso, rexistrado no Hospital Comarcal de Valdeorras, é sintomático da sanidade ourensá.

Ortega esixiulle ao Sergas que “fagan diagnose do asunto e ver de subsanar” a situación, dende logo virando unhas políticas de recorte e privatización que “estannos a levar á involución”, para evitar que se sigan a repetir estas “demoras inaceptables”.

A responsable socialista reclamoulle ademais ao conselleiro que responda das peticións de reunión que lle ten trasladado reiteradamente a Xunta de Persoal do Hospital de Valdeorras, e reclamoulle que explique por que non ten aproveitado a recente visita ao centro hospitalario, na que esquivou aos representantes do persoal.

Lembrou que o persoal sanitario del centro vén de solicitar reiteradamente recuperar os servizos que foron centralizados en Ourense, sinaladamente para ofrecerlle un servizo de calidade á poboación da comarca, que ten que afrontar longos desprazamentos ata a capital da provincia independentemente da súa idade avanzada ou da doenza que estean a padecer.

O PSdeG denuncia a demora de un ano no HPV para retirar unha escaiola