martes 21/9/21

O Concello de Larouco acollerá un curso de cociña con produtos da zona

Os cursillos "Cociñando a serra de Larouco" faránse con produtos tanto da zona de Valdeorras como a de Terras de Trives

O Concello de Larouco ven de anunciar a realización dun curso de cociña nas últimas dúas semanas do mes de xullo. Neste evento usaránse produtos tanto da comarca de Valdeorras como da veciña Terras de Trives nunha clara aposta polo producto local e de zona.

Anxo Trives -chef do Hostal La Viuda- e Gerson Iglesias, colaborador do programa da TVG, Come a Comarca, e con experiencia en locais gastronómicos de Vigo e Ourense con case 20 anos de experiencia no sector.

Este evento levaráse a cabo no Restaurante Centro, que leva pechado dende o pasado mes de setembro.

Os participantes neste curso repartiránse en 2 grupos, que contarán cun máximo de 15 persoas en cada un dos mesmos. Os días 20, 21 e 22 de xullo será a quenda do primeiro grupo cun horario de 16:30 a 20:30 horas nunha primeira parte do evento chamada «Cociñando tradición, cociñando a nosa comarca».

Nesta primeira metade, os cociñeiros aprenderán a facer diversas receitas:

  • Empanada de shiitake de Trives con fariña de castaña amarelante.
  • Faba loba con cogumelos.
  • Filloas recheas de castañas amarelante.
  • Pesegos ao viño da DO Valdeorras.

A segunda quenda chegará os días 27, 28 e 29 de xullo co mesmo horario, e as receitas serán as seguintes:

  • Botelo ao sal envolto en follas de vides.
  • Arroz ao viño tinto con shiitake de Trives.
  • Brownie de faba loba.
  • Requeixo de faba loba.

Nesta segunda parte do evento trataráse de enfocar a unha cociña máis moderna. As inscripcións poden facerse chamando a Casa do Concello de Larouco (988348002) sendo estas por orde de chegada. Terán preferencia os empadroados na vila.

O Concello de Larouco acollerá un curso de cociña con produtos da zona